lunes, 16 de marzo de 2020

Poesía para o confinamento - I




POESÍA PARA O CONFINAMENTO

Como xa moitos de vós sabedes...
o vindeiro día 21 de marzo
será o Día da Poesía.

Un día que dende a Biblio queríamos conmemorar 
con un pequeno certame de recitado de poesía
ou, para os máis valentes...
coa creación dun poema
que despois gravaríamos en Ameixa Radio...


Á vista dos acontecementos que estamos a vivir...
Tivemos que cambiar de planes
 e adaptarnos á nova situación...

Grazas ás achegas dalgúns dos nosos alumnos e alumnas,
faremos unha Semana da poesía, 
baixo o nome de

"Poesía para o confinamento"

onde cada día escoitaremos 
fermosos poemas
de escritores e escritoras galegos,
recitados polos nosos cativos/as.


Velaquí vos deixamos o primeiro desta semana
para facervos un pouquiño máis levadeiros estes días!

Que o disfrutedes!



 Participan no programa:

- Alba de 6º co poema "Labrego" de Manuel María
- Mariña de 6º co poema "Pastor" de Manuel María
- Mara de 2ºA co poema extraído do libro "Belidadona" de Helena Villar Janeiro.
- Aylin de 5ºA co poema "Ourizo" de Manuel María.


No hay comentarios:

Publicar un comentario