viernes, 21 de junio de 2019

SUXESTIÓNS DE LECTURA

Nas vacacións de verán,
 na praia ou na montaña, 
na cidade ou na aldea, 
na costa ou no interior, 
en barco ou en avión, 
calquera ocasión é boa... 
para ler un bo libro que nos emocione un montón!
Felices e veraniegas lecturas!








martes, 18 de junio de 2019

CLUB DE LECTURA

A profe Regi, déixanos esta entrada na que narra a experiencia tan positiva que tiveron este curso co club de lectura. Botádelle un ollo ao que nos conta e ás fotos.


O club de lectura do colexio, decidiu poñerse como nome Os Lóstregos. Como sabedes son os alumnos de 6º os que voluntariamente participan utilizando unha sesión de recreo, neste ano os venres, e por iso xa teñen tódolos meus aplausos.
Este curso o Club de Lectura do IES Miguel Ángel de Carril púxose en contacto connosco para vir ler aos alumnos de Educación Infantil, finalmente non puido ser pero non vos preocupedes para o curso 19-20 xa está firmado, alá polo mes de novembro.
Todo o acontecido, fíxome propoñerlles ao noso Clube Os Lóstregos se lles gustaría ir leer ao IES, non o pensaron dúas veces, dixeron: si, si, siiiiiii. Quedei abraiada ao velos con tanta decisión.
A partires deste momento houbo un gran traballo, quedaron a xantar dous días no cole e algún recreo extra para preparar o que finalmente resultou un gran traballo (lectura dramatizada).
O venres 14 de xuño fomos andando ata o IES Miguel Ángel de Carril, ao que lle teño que agradecer darnos a oportunidade de ler para eles.
O evento xa comeza ben e vai mellorando, os meus ollos non pestanexaban coa súa coordinación, ímpetu e decisión coa que o estaban a facer.
Mellor, era imposible.
Parabéns a Jairo, Fátima, Daniel, Lucía, Hana, Javi Castro, Alexandra, Javi Torres, Lara, Sofía, Ainoha, Antía, Martina e Félix.
Darlle as grazas tamén a Merchi pola súa intervención o día da exposición, ao IES polo trato e a merenda e como non podía faltar pola súa Caixa de Bicos, de bicos que non se poden atrapar pero que dalgún xeito nesta Caixa podemos tocar.
E finalmente decirvos que eu Regina, sempre me sorprendo cos nenos e nenas, todo o que nos aportan é moi grande.



jueves, 13 de junio de 2019

NOVIDADES NA BIBLIO

Estamos rematando este curso, pero a nosa biblioteca seguen chegando novidades. Aproveitade os últimos recreos para coñecelas.