martes, 29 de octubre de 2019

Radio


AMEIXA RADIO


"Si a vida che pon obstáculos, o teu reto será superalos"

Con esta frase querémosnos quedar para presentar este novo proxecto.

Un proxecto co que, a pesar de non contar con moitos recursos de calidade para levalo a cabo...
 Imos conseguir que salga adiante!!


Este é un proxecto ambicioso... 
Comezar a facer RADIO NA ESCOLA....
non é nin será sinxelo...
pero aquí estamos, dispostas e dispostos a intentalo, 
a conseguir que funcione e a aprender día a día dos nosos erros...

Así que...sin máis dilación aquí vos deixamos o noso primeiro programa de radio...

Esperamos que vos guste e como dí a nosa alumna de 3º....
non sexades moi críticos que aínda nos queda moitísimo que aprender!








lunes, 28 de octubre de 2019

Clube de lectura rematou


Ola a todos e todas:

Dende o Club de Lectura "Os Lóstregos" informamos que xa rematou o grupo 1 e quedaron moi sorprendidos. 

Tiveron unha versión crítica dos contos clásicos. 

Despedíronse cunha gran sorpresa, A CAIXA DE BICOS que a finais do curso pasado nos entregou o Club de Lectura do IES Miguel Ángel de Carril.


Apertas grandes

Profe Regina


jueves, 24 de octubre de 2019

Día da Biblioteca




O día 24 de outubro é o Día da Biblioteca no noso país, 
e adícase especialmente ao público infantil e xuvenil.

Dende o ano 1997 a Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e xuvenil
promove a celebración deste día como data para rememorar
 a destrucción da Biblioteca de Sarajevo, a cal incendiouse 
no ano 1992 durante o conflicto balcánico.



Dende a nosa escola, neste día quixemos celebralo decorando a nosa pequena Biblioteca con motivos terroríficos propios deste tempo de modo que motiven ao noso alumnado a achegarse un pouquiño máis a este espazo.

Ademáis, fixemos unha selección de títulos que encaixan á perfección con estas datas!

Esperamos que vos gusten!!

viernes, 18 de octubre de 2019

Patios na Biblio



É por iso que a nosa Biblio está aberta durante o horario de recreo para todos os rapaces e rapazas do cole.


Durante este momento, poderán disfrutar da lectura pero tamén doutras actividades como: pintar, xogar cos xogos de mesa, busca de información no ordenador... ou incluso xogando a ser mestras e mestres que lle contan un conto ao seu alumnado.






lunes, 14 de octubre de 2019

Clube de lectura

Este curso 2019/2020, comeza a andaina do

Clube de lectura " Os lóstregos".



Hai unha única clase de 6º de primaria pero aínda así participan moitos dos alumnos/as.

Comezamos co libro "Cuentos en verso para niños perversos", do coñecido escritor Roald Dahl, seguro que vos é moi coñecido por ser o autor de contos como "Charlie y la fábrica de chocolate".


Así, procuraremos ter unha visión crítica dos contos clásicos.

Eu, Regina, estou moi leda, como un ano máis da alta participación.



Así que.... 

¡¡ VIVA A LECTURA E VIVAN OS LÓSTREGOS!!




jueves, 10 de octubre de 2019

Mochilas viaxeiras

Un ano máis.... 

as nosas "Mochilas viaxeiras" 
comezan a percorrer as casas do noso alumnado que con moitísima ilusión 
levan contos 
recomendados por Pancho e Flora 
para os seus fogares.





martes, 1 de octubre de 2019

Estamos abertos!


A nosa Biblio abre un ano máis as súas portas en horario de TARDE.

Pancho e Flora agárdanvos cos brazos ben abertos en horario de:

16.15- 18.15 horas.