Mostrando entradas con la etiqueta escritura creativa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta escritura creativa. Mostrar todas las entradas

sábado, 4 de abril de 2020

Clube de lectura "Os lóstregos"



Dende o clube de lectura do cole “Os lóstregos”,
 a mestra Regi nos achega unha interesantísima actividade.


O libro que estabamos a ler e xa a piques de rematar
(espero o teñades rematado)
 “Cuentos para jugar" de Gianni Rodari, 
conta pequenas historias con tres finais diferentes 
e ao analizalas sempre podiamos relacionalas 
con algunha situación social 
de plena actualidade 
por moi rara que fose a aventura.




Velaquí vai a actividade!!!!!

Actividade aberta a todo o alumnado!
( no só os do club de lectura ;) )

Anímate!!


Que vos parece se sodes autores e non só lectores?

Sigue os pasos que aparecen aquí debaixo
 e verás como che saen historias moi divertidas!!






Cando xa o teñades rematado, enviádelo ao correo da biblio:

bibliocarril@gmail.com

Para que todos e todas poidamos ler 
as historias que nos tendes que contar!

 Poñede a vosa imaxinación a voar!









domingo, 9 de febrero de 2020

Cóntame un conto - Aventuras mágicas. Cap. 1


Había unha vez...
unha nena de 4º de primaria...
chamada Úrsula...
que decidiu escribir unha bonita historia 
que leva por título...
"Aventuras Mágicas".

Pero esta nena, que era tan boa, tan boa...
quixo compartir o seu libro con todos nós 
e por iso...decidiu gravalo 
para Ameixa Radio...

Aquí vos queda o primeiro capítulo do seu libro! 
Cada semana publicaremos un capítulo novo!

Unha súper historia que vos deixará con gañas de máis.

Parabéns polo teu pequeno libro Úrsula!!