martes, 26 de abril de 2016

UN MES CHEO DE SORPRESAS

Abril, ademáis da celebración do Día do Libro, non deixa de achegarnos sorpresas. Neste mes tamén festexamos a I Semana Do Cine
Lembrade que na Biblio agárdanvos una morea de libros das vosas películas preferidas.

domingo, 24 de abril de 2016

Día do Libro

DÍA DO LIBRO
Con motivo do Día do Libro, os de 3º, saímos a ler un anaquiño fóra. Deixámosvos algunhas fotos.


O patiño feo

Os nenos e nenas de 3ºA, con motivo do Día do Libro, interpretaron para o alumnado de 1ºB o conto do patiño feo. Foron uns actores e unhas actrices estupendas! Aquí vos deixamos algunhas fotos do gran momento. Ata remataron bailando a Macarena!









Unha Carapuchiña Vermella moi especial

Os nenos e nenas de 1º B, para celebrar o Día do Libro, leron aos compañeiros/as de 4 anos un conto moi especial: "Caperucita roja". Logo da actividade, ademais, repartiron a cada oínte 3 personaxes do conto coloreados por eles mesmos. Canto traballaron!
Tamén compartiron a lectura co alumnado de 3ºA. E, ademais, o conto gardaba agochadiña unha gran sorpresa: o conto de Carapuchiña non era como nolo contaron sempre! Descubrimos que o lobo, ao final da historia, fíxose amigo da avoíña e ata comeron tarta. Pero mellor escoitade como o contan eles...




miércoles, 6 de abril de 2016

NOVIDADES

Temos grandes novidades! Cambiamos o mobiliario. Aínda non o viches? Moitos xa viñeron... Non sexas o último!










martes, 5 de abril de 2016

CONTANDO CONTIÑOS

Hoxe os nosos amigos e amigas de 5º de Educación Infantil - B visitaron a Biblioteca, como cada semana, e traballaron co conto "El vampiro debilucho". Estiveron moi atentos e seguro que o noso ratiño, Pancho, agradeceu moito o ben que se portaron. Ata nos recitaron un contiño!!!