Mostrando entradas con la etiqueta curso 23/24. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta curso 23/24. Mostrar todas las entradas

viernes, 21 de junio de 2024

Recmendacións lectoras para o verán

Chegaron as vacacións de verán e con elas máis tempo libre para ler! Recordade...os libros son os mellores compañeiros de viaxe! Pancho e Flora decidiron deixarvos tamén algúns xogos para seguir compartindo tempo en familia estemos onde estemos. Bo verán a todos e todas!

jueves, 23 de mayo de 2024

Estrenamos bancos de lectura!

Boas de novo>! Como veríades en publicacións anteriores, agora tempos novos recunchos de lectura no patio, varios bancos de cores que estrenamos no Día do Libro e foron todo un éxito entre o alumnado! Aquí vos deixamos algunhas imaxes.

martes, 23 de abril de 2024

Vídeo Bookface

Compartimos con vós o resultado do Bookface, a actividade proposta para conmemorar o Día do Libro. Moitas gracias pola vosa colaboración. Agardamos que vos guste!

miércoles, 29 de noviembre de 2023

25 de Novembro: Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller

Boas de novo! Aquí compartimos as actividades que se levaron a cabo para conmemorar o 25N ao longo da semana. En primeiro lugar, desfrutamos do espectáculo Marta e a Píntega , un contacontos musical para o alumnado de Infantil ata 4º de Educación Primaria.
Os biblioaxudantes de 6º de Primaria fixeron unha selección de contos para traballar esta temática e promover o pensamento crítico.
Dende as titorías fixéronse diversas actividades que se plasmaron nestos murais:
Finalmente, todo o alumnado e profesorado fixo un lazo negro no patio e minuto de silencio.

lunes, 13 de noviembre de 2023

BUZÓN DE SUXERENCIAS

Boas de novo! Pancho e Flora queren ter en conta as recomendacións dos lectores e lectoras do cole e é por iso que inauguramos o noso buzón de suxerencias! A maiores das novas incorporacións á biblioteca queremos darlle unha segunda vida a aqueles libros que xa non ledes, pero que se atopan en bo estado e sexan actuais. A partires do martes 14 de novembro e ata o martes 21 podedes aportar un máximo de dous libros por alumno/a. Graciñas pola colaboración

martes, 24 de octubre de 2023

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O 24 de Outubro celébrase o Día das Bibliotecas Escolares e Pancho e Flora queren achegarvos un pedaciño da súa. É por iso que as mochilas viaxeiras partirán esta semana cara os vosos fogares con novidades.

lunes, 9 de octubre de 2023

ESTAMOS DE VOLTA!

Boas a todos e a todas de novo! Estamos de volta con moitas novidades, este curso Pancho e Flora preséntanvos o proxecto deste ano: Viaxando arredor do cine.