viernes, 20 de diciembre de 2019

Suxestións lectoras Nadal


Que mellor plan que facer voar a imaxinación
 e descubrir novos mundos?

Que mellor plan que vivir mil aventuras
 ao carón das súas personaxes?

Que mellor plan para un día de inverno chuvioso
 que quedar a ler un libro na casiña?

Un ano máis querémosvos ofrecer 
unha serie de suxestións lectoras
escollidas con moito, moito mimo 
polas mestras e mestres do cole.

Coma sempre ofrecémosvos lecturas en
 galego, en castelán e inglés,
cada unha axeitada para unha idade.

Recordade que todos estes libros,
pódense atopar no comercio local.

Pancho e Flora vos desexan unhas moi boas festas
e un merecidísimo descanso!!





















Venres de Troula - Xoel e Leo




E aquí temos un novo capítulo 
da nosa sección dos Venres de Troula...

Desta vez Xoel e Leo, dous alumnos 
de 4º de educación primaria...
nos farán morrer da risa cos seus chistes!!


Adiante rapaces!!




jueves, 19 de diciembre de 2019

Cóntame un conto - La mejor sopa del mundo


Marta, a nosa alumna de 3º de educación primaria...
Estes días estivo a gravar
 para Ameixa Radio
coa axuda da mestra de AL, 
un dos seus contos preferidos:




"La mejor sopa del mundo" 
da escritora Susanna Isern.






Adiante Marta!

miércoles, 18 de diciembre de 2019

Mércores larpeiros - Almendritos, bocata mixto e patacas fritas


Xa está de volta un novo capítulo da nosa sección

 "Mércores Larpeiros" 

para Ameixa Radio.

Desta vez, traémosvos tres deliciosas recetas: 
  • Un rico doce chamado "Almendritos" da man de Xoel (4ºA).

  • Un delicioso bocadillo mixto con vexetais presentado por Alicia (5ºA)

  • E unas exquisitas patacas fritas que nos explica unha experta cociñeira, Lidia (5ºB)





martes, 17 de diciembre de 2019

A vida sen plásticos


¿Imaxínaste como sería a nosa vida hoxe en día sen plásticos? 


Difícil, ¿Verdade?





O alumnado de 2º de primaria do noso cole, axudado polas súas mestras, estivo a facer un gran traballo de investigación preguntándolle a quen mellor podía saber como era a vida antes de que existiran os plásticos...
os seus avós e avoas.





Na clase fixeron unha bonita exposición oral para todas as súas compañeiras e compañeiros e ata algúns deles trouxo distintos utensilios para poder colocalos na "EXPOSICIÓN DO COLE".



Un espazo aberto a todo o público onde se podían ver dende bolsas feitas de tea, leiteiras, estropallos, cestos feitos con vimbios, garrafóns, un sifón...e ata un cueiro!!




Un gran traballo que por suposto, quixeron compartir con todos nós a través de Ameixa Radio co fin de transmitirnos a importancia da redución dos plásticos...
Porque vivir sen plásticos...tamén é posible!
Adiante compañeiros e compañeiras!



viernes, 13 de diciembre de 2019

Venres de troula



Aquí chega un novo capítulo da nosa sección

 "Venres de Troula".

Desta vez participan Alejandro e Antón...

Agardamos que vos guste!!


martes, 10 de diciembre de 2019

Mércores larpeiros - xeado de plátano


Xa volven os "Mércores larpeiros" 
cun novo capítulo en
Ameixa Radio.

Desta vez, Lucía e Lucas 
preparán un riquísimo xeado de plátano


Que ademáis de estar delicioso, tamén é moi sinxelo 
de facer para a merenda....de postre...

calquer excusa é valida!

Quen se atreve a facelo na casa?


Ata a próxima!!




viernes, 6 de diciembre de 2019

Ameixa Radio - venres de troula



Hoxe da comezo unha nova sección do programa...
"Venres de risa" 
...onde ten cabida o humor, as adiviñas, os trabalinguas...

No programa de hoxe, Mauricio e Jose Luis 
contaránnos uns chistes
 que nos farán chorar da risa!



Dentro audio!!

jueves, 5 de diciembre de 2019

Día "Con Eles"


O 3 de decembro celébrase o
Día Internacional das Persoas con Discapacidade
ou como tamén nos gusta dicir.... 
Con capacidades diferentes...

O obxectivo deste día é promover os dereitos
o benestar das personas con discapacidade 
en tódolos ámbitos da sociedade, 
así como concienciar sobre a súa situación
 en tódolos aspectos da vida.


Con este motivo, este curso dende o noso cole
 quixemos organizar unha quedada
 cos chicos e chicas da Asociación Con Eles 
para compartir un agradable momento todos e todas xuntos.






O alumnado de infantil
puido disfrutar dun fermoso contacontos.












O alumnado de 1º e 2º de educación primaria, preparou uns bonitos marcapáxinas de goma eva.









Mentres que o alumnado de 3º e 4º puido facer unhas bonitas pulseiras e colgantes












E os maiores do cole, 
o alumnado de 5º e 6º de educación primaria, 
pasárono xenial practicando deporte adaptado.













Unha xornada do máis completa que non podía rematar sen que quedase constancia en Ameixa Radio do ben que o pasamos todos e todas neste día!!







Sen dúbida, unha actividade que 
trataremos de repetir máis a miúdo!






miércoles, 4 de diciembre de 2019

Mércores larpeiro - Brocheta de frutas

Xa temos un novo capítulo 
dos "Mércores larpeiros" 
en Ameixa Radio!!

Desta vez, o noso alumno Alejandro
 realizou unha rica receita de Brochetas de fruta
 que como ben di...

Está deliciosa!!

Que gañas de preparala na casa!!

Ata a próxima!!



domingo, 1 de diciembre de 2019

Poemiñas de outono

O outono xa está case a piques de rematar e por iso... 
o alumnado de 1º A e 1ºB
 non quixeron perder a oportunidade de
 achegarse ata Ameixa Radio para recitar uns
 fermosos poemas sobre esta época do ano.




E como peche para o programa
 prepararon un anaquiño
 da canción popular "Non chas quero".

Fixérono xenial! 

Agardamos que vos guste!











miércoles, 27 de noviembre de 2019

MÉRCORES LARPEIROS - Sandwich de xamón e queixo



Ameixa radio non deixa de medrar!!

Os nenos e nenas que acoden á aula de Audición e Linguaxe 
están a preparar
 un novo programa que de seguro, 
será todo un éxito.

Este novo programa levará por título "Mércores larpeiros" e pretenden que cada mércores da semana, 
se nos faga a boca auga, 
con estas ricas receitas que nos propoñen.


Nesta primeira receita, escoitaremos a Antón 
que nos explica como facer un delicioso 
"Sándwich de xamón e queixo".

Non deixedes de escoitalo!!

 E si te atreves a preparar un rico sándwich seguindo esta receita...fáinolo saber cos teus comentarios.

Ata a próxima!!


martes, 26 de noviembre de 2019

Ameixa Radio - O ratón zampón

Queredes escoitar un fermosísimo conto narrado por dous dos nosos alumnos de 4 anos? 

 Sofía e Javi, coa axuda da mestra Begoña, quixeron gravar para Ameixa Radio
 este divertido conto titulado...

"El ratón zampón"

Que o disfrutedes moito!

Ata a próxima!!

lunes, 25 de noviembre de 2019

Día internacional contra a violencia de xénero



O día 25 de novembro
conmemórase o Día internacional contra a violencia de xénero.

Dende o noso cole, estamos moi comprometidos e
 comprometidas con esta loita, 
e por iso defendemos a importancia 
de vivir nun 
"PAÍS DE IGUALDADE".




Os alumnos Abel, Jairo e Juan Carlos de sexto de primaria quixeron gravar para Ameixa Radio un conto titulado 
" O país dos mandóns" 
das escritoras Paloma Justo e Cristina Rodríguez






Un conto sacado da nosa Biblioteca 
que recolle moi ben 
a mensaxe da igualdade e
 do respecto por todas as persoas.

No día de hoxe, estes alumnos percorreron algunhas das clases de infantil e sexto de primaria, lendo este conto para todos os seus compañeiros e compañeiras.

A experiencia foi xenial!

Pero este programa de radio...non estaría completo sen as achegas tan chulas que fixo o alumnado de 5º de educación infantil e que leva por título " No país da igualdade".


Aquí volo deixamos!

Que o disfrutedes!




Participan tamén neste programa como presentadoras: Cristina, Eli e Yomara ( alumnas de 4º de primaria)







sábado, 23 de noviembre de 2019

Lecturas compartidas

Ola a todos;

O Club de Lectura "Tira da páxina" do IES Miguel Ángel de Carril con: Iria, Irene, Aroa, Noa, Sara, Stephanie, Nicole e Noa Santiago acompañadas das mestras Pilar e Manuela xunto co mestre Miguel, chegaron ao noso colexio con moitas ganas.

Algunhas das contacontos xa estudaron no  noso cole así como o mestre Miguel tamén traballou moitos anos aquí. 
Voltar ao cole non está nada mal.

Fixeron dúas sesións para o alumnado de infantil e tempos que dicir que foi...

FANTÁSTICO!


Contos curtos, cantareiras e como non...globos! 


Unha mistura xenial!







Os nenos e nenas do noso cole,
 non pestanexaban do entretidos que estaban
 e as mestras...temos que dicir que quedamos 
mooooiiiii contentas e agradecidas 
polo bo traballo realizado.



No seguinte enlace, podedes escoitar unha pequena entrevista para Ameixa Radio realizada ás compoñentes do Club de Lectura "Tira da páxina".


martes, 19 de noviembre de 2019

Radio - O Carballo con Botas


Esta vez, dende a aula de Audición e Linguaxe
chéganos un fermoso conto 
"O Carballo con Botas", 
do xa moi coñecido por moitos de nós
 escritor e ecopacifista galego, 
Anxo Moure.

De xeito cooperativo, estiveron a gravar este fermosísimo conto que fala sobre a importancia do coidado dos nosos bosques.


Esperamos que vos guste!!

Ata a próxima!!


Participan neste programa: 
Lucía, Lucas, Uxía, Alejandro e Begoña.

domingo, 17 de noviembre de 2019

Os lóstregos


Ola a todos e todas,

Hoxe comeza o segundo grupo do club de lectura 
"Os lóstregos"





Vexo moito entusiasmo neste alumnado, 
penso que imos pasar uns entretidos venres no recreo.


Lembramos que xa temos en marcha a conta atrás para que os compoñentes do club de lectura "Pasa a páxina" do Instituto de Carril veñan ao cole para contarnos un conto aos amigos e amigas de infantil.



Unha aperta
A profe Regina








miércoles, 13 de noviembre de 2019

Radio - Día Mundial da Diabete

Como cada 14 de novembro dende o ano 1991, 
celébrase o Día Mundial da Diabetes 
como medio para aumentar a concienciación 
sobre a DIABETES en todo o mundo.






Para isto, o alumnado de 3ºB convidou á mamá de Lucía, Daniela,  para explicarlles un pouquiño desta enfermidade, 
coa axuda do conto:
"Os Bolechas saben o que é a diabetes"

Dende Ameixa Radio
quixemos aproveitar esta oportunidade 
para explicar aos nosos oíntes 
en que consiste esta enfermidade crónica, 
da man de Lucía
unha das nosas alumnas de terceiro.

 Quen nos contará de primeira man
 a realidade desta enfermidade!


** Neste episodio participaron:

- Alumnado de 3ºEP: Lucía, Iago, Lucas e Nicolás.


E os máis cativos e cativas do cole...
tamén quixeron aproveitar a oportunidade 
para preguntarlle algunhas cousiñas 
a súa compañeira Lucía.


Vaia futuros e futuras radioreporteiros
 temos na escola!!


martes, 12 de noviembre de 2019

Radio - Entrevista Anxo Moure


Cantas emocións estamos a vivir grazas a Ameixa Radio!

O pasado venres, puidemos facer unha entrevista das "de verdade".

Aproveitando a súa visita á nosa escola, 
o noso alumnado de 5º de primaria 
púidolle facer unha entrevista a un coñecido escritor galego, 
Anxo Moure, 
o cal se define así mesmo como escritor
contacontos pero sobre todo...ecopacifista.

Aquí vola deixo para que poidades escoitar o ben que fixeron os nosos alumnos e alumnas: Alicia, Alberto e Lidia.

Esperamos que vos guste!





domingo, 10 de noviembre de 2019

O Carballo con Botas de Anxo Moure


Durante estas semanas, todos os nenos e nenas do cole estivemos a ler un fermosísimo conto 
"O Carballo con Botas" do escritor, contacontos e ecopacifista galego, 
Anxo Moure.

Unha bonita historia que nos fai reflexionar sobre a importancia da prevención dos incendios forestais e dos coidados á natureza.




Con este motivo cada clase, aproveitou para prantar unha semente de carballo ( unha landra) nunha bota e así crear cada quen o seu propio "Carballo con botas" co que despois adornaremos o noso patio.





Como gran final a esta semana de actividades...tivemos unha visita moi, moi especial... O escritor Anxo Moure, pasou a mañá con todo o noso alumnado e nos estivo a contar un montón de historias...

algunha ata nola contou coa barriga!!











E xa como broche de ouro a  esta bonita xornada, puidemos degustar unhas ricas castanas e boliños preñados para celebrar todos e todas xuntos o Magosto.




Unha estupenda xornada onde todos e todas puidemos disfrutar dun graciosísimo contacontos pero... mellor que eu seguro que volo contan os máis cativos do cole grazas ás entrevistas que lles fixeron @s nos@s radioreporteir@s de Ameixa Radio.


Contos de medo


Vaia xogo nos está a dar o noso pequeno proxecto da radio.

Desta vez, en Ameixa Radio
dous dos nosos alumnos de sexto de primaria
estiveron a preparar uns arrepiantes contos de Halloween...

Durante semanas estiveron pensando as ideas,
 plantexando quen podería ser o/a protagonista da súa historia, 
creando estraños seres...

Todo un reto para os nosos pequenos 
e aínda pouco expertos escritores!


E despois de tanto, tanto traballo... 
o resultado é este marabilloso programa de radio!!

Esperamos vos guste!

Dentro radio!!




Nesta programa participan:
- Eli, Cris e Yomara (alumnas de 4º)
- Abel e Jairo ( alumnos de 6º)

jueves, 7 de noviembre de 2019

Radio

A nosa humilde "Ameixa Radio" segue a medrar...

Pouco a pouco son máis as mestras que se unen a esta iniciativa con espectaculares resultados.

Aquí vos deixamos un pequeno podcast gravado polo noso alumno de 5º de primaria, 
Jose Luis, coa axuda da súa mestra de AL ( audición e linguaxe), Begoña,
 sobre un tema de gran actualidade e importancia.

"Os microplásticos".


Non volo podedes perder!

Ata a próxima!!


martes, 5 de noviembre de 2019

Radio - Halloween

Aquí chega a nosa segunda incursión na RADIO!!!

O noso alumnado segue motivadísimo co proxecto...preparan o programa de radio, ensaian e aínda que se poñen un poquiño nerviosillos/as cando queren gravar... O están a facer xenial!

Mostra disto é o segundo programa de radio que lanzamos hoxe... 

Un programa adicado ao Halloween e o Samaín onde se recollen distintas entrevistas a personaxes característicos destas datas coma... A Pantasma Fantasmín e ao aterrador Paiaso IT pero tamén, fixemos un oquiño para entrevistar a dúas das nosas alumnas de 5º que nos contarán como viven elas esta data...


Esperamos que vos guste!!

Ata a próxima!!


** Neste episodio participaron:

- Alumnado de 5ºEP: Alberto, Alicia, Lidia, Noelia e Jose Luis.
- Alumnado de 3ºEP: Naiara, Iago, Lucas e Nicolás