Mostrando entradas con la etiqueta clube de lectura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta clube de lectura. Mostrar todas las entradas

sábado, 4 de abril de 2020

Clube de lectura "Os lóstregos"



Dende o clube de lectura do cole “Os lóstregos”,
 a mestra Regi nos achega unha interesantísima actividade.


O libro que estabamos a ler e xa a piques de rematar
(espero o teñades rematado)
 “Cuentos para jugar" de Gianni Rodari, 
conta pequenas historias con tres finais diferentes 
e ao analizalas sempre podiamos relacionalas 
con algunha situación social 
de plena actualidade 
por moi rara que fose a aventura.




Velaquí vai a actividade!!!!!

Actividade aberta a todo o alumnado!
( no só os do club de lectura ;) )

Anímate!!


Que vos parece se sodes autores e non só lectores?

Sigue os pasos que aparecen aquí debaixo
 e verás como che saen historias moi divertidas!!






Cando xa o teñades rematado, enviádelo ao correo da biblio:

bibliocarril@gmail.com

Para que todos e todas poidamos ler 
as historias que nos tendes que contar!

 Poñede a vosa imaxinación a voar!









domingo, 17 de noviembre de 2019

Os lóstregos


Ola a todos e todas,

Hoxe comeza o segundo grupo do club de lectura 
"Os lóstregos"





Vexo moito entusiasmo neste alumnado, 
penso que imos pasar uns entretidos venres no recreo.


Lembramos que xa temos en marcha a conta atrás para que os compoñentes do club de lectura "Pasa a páxina" do Instituto de Carril veñan ao cole para contarnos un conto aos amigos e amigas de infantil.



Unha aperta
A profe Regina








lunes, 28 de octubre de 2019

Clube de lectura rematou


Ola a todos e todas:

Dende o Club de Lectura "Os Lóstregos" informamos que xa rematou o grupo 1 e quedaron moi sorprendidos. 

Tiveron unha versión crítica dos contos clásicos. 

Despedíronse cunha gran sorpresa, A CAIXA DE BICOS que a finais do curso pasado nos entregou o Club de Lectura do IES Miguel Ángel de Carril.


Apertas grandes

Profe Regina


lunes, 14 de octubre de 2019

Clube de lectura

Este curso 2019/2020, comeza a andaina do

Clube de lectura " Os lóstregos".



Hai unha única clase de 6º de primaria pero aínda así participan moitos dos alumnos/as.

Comezamos co libro "Cuentos en verso para niños perversos", do coñecido escritor Roald Dahl, seguro que vos é moi coñecido por ser o autor de contos como "Charlie y la fábrica de chocolate".


Así, procuraremos ter unha visión crítica dos contos clásicos.

Eu, Regina, estou moi leda, como un ano máis da alta participación.



Así que.... 

¡¡ VIVA A LECTURA E VIVAN OS LÓSTREGOS!!