Mostrando entradas con la etiqueta poesía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta poesía. Mostrar todas las entradas

domingo, 21 de marzo de 2021

Versos do Mundo - Día da poesía

 

VERSOS DO MUNDO
DÍA DA POESÍA

Co galo do Día da Poesía, este ano dende o noso centro, 

tomando como referencia o Proxecto de "Viaxando polo Mundo"

pedímoslle ao noso alumnado que escribira distintas poesías.


Pero non uns poemas calquera..

Uns poemas que falasen sobre todo o que estiveron a investigar ata o momento 

sobre o país que escolleran alá polo primeiro trimestre.


Pancho e Flora quedaron encantadísimos co resultado!


 Que poesías máis bonitas!


Canto estaban a aprender sobre os distintos países do mundo!


E se queres botarlle unha ollada ao chulos que quedaron...

non tes máis que facer click no seguinte enlace:


Que sorte a nosa!

A clase de 3ºA tamén se animou a gravar unha fermosa poesía

 que recolle a historia do seu querido chorón.

Non vola podedes perder!




sábado, 21 de marzo de 2020

Día da poesía - Agasallo



Bos días e
 feliz día da poesía!!

A poesía chega cada día a nós
 dende que somos ben pequenos...
A través de cantigas, adiviñas, trabalinguas, poemas...

E por iso, dende o ano 1999
 a UNESCO
escolleu este día,
21 de marzo,
para pór de manifesto 
a beleza da linguaxe poética.


Como agasallo neste día, para todos e todas...
a Editorial Pintar - Pintar 
quere compartir con nós 
distintos contos de maneira gratuita,
entre os cales tamén se atopan textos poéticos.


#Yomequedoencasaleyendo





viernes, 20 de marzo de 2020

Poesía de confinamento - V


Hoxe damos por rematada
a "Semana da Poesía".

Unha semana moi especial,
marcada polo que está a acontecer
 ao noso arredor
pero, 
coa axuda do noso alumnado,
fomos quen de facerlle 
unha pequena homenaxe
aos nosos grandes poetas 
e poetisas galegos.








- Hugo de 5ºA, cun poema de Manuel María - "O grilo"

- Gabriel de 5ºA cun poema de Manuel María - "A neve"

- Marc de 2ºA cun poema de Manuel Antonio Pina - "Xiganos e anantes"

-Saray de 6º cun poema de Manuel María - "Bolboreta"

jueves, 19 de marzo de 2020

Poesía para o confinamento - IV


Cuarto día consecutivo
no que temos a oportunidade 
de escoitar poemas de 
grandes poetas galegos
na boca dos nosos rapaces e rapazas.



- Carmen de 2ºB , cun poema de Xosé Neira Vilas - "O río"

- Emma de 2ºB, cun poema de Xosé María Álvarez Blazquez - "Roseira do teu mencer"

- Fabio de 6º, cun poema de Manuel María - "O barco"

miércoles, 18 de marzo de 2020

Poesía de confinamento - III


Un día máis, traemos estes marabillosos poemiñas
aos que o noso alumnado fixo un pouquiño seus
dotándolles de voz e de emoción.


Grazas nenas e nenos por facernos estes días
un pouquiño máis levadeiros.


Participan neste programa:

- Ana de 6º cun poema de Manuel María - "A lúa"

- Roi de 5ºA cun poema de Manuel María - "O tractor"

- Ángela de 2ºA cun poema de Gloria Sánchez - "Fafarratrece"

- Daniel de 6º cun poema de Manuel María - "Árbores de cidade"

martes, 17 de marzo de 2020

Poesía para o confinamento - II

POESÍA PARA O CONFINAMENTO - II


Como xa adiantábamos onte...
Continuamos coa nosa 
"Semana da poesía: 
Poemas para o confinamento"






Hoxe viñemos cargados con
 máis  fermosos poemiñas
de escritores e escritoras galegos
aos que o noso alumnado
lles quixo poñer voz.







Neste programa participan:

-Alba de 2ºB cun poema de Ana María Fernández titulado "Que cousa?"

-Ángela 5ºB cun poema de Manuel María titulado " O chifre"

-Borja de 6º cun poema de Manuel María titulado "Galicia"

-Estela de 6º cun poema de Manuel María titulado "Boneca"

lunes, 16 de marzo de 2020

Poesía para o confinamento - I




POESÍA PARA O CONFINAMENTO

Como xa moitos de vós sabedes...
o vindeiro día 21 de marzo
será o Día da Poesía.

Un día que dende a Biblio queríamos conmemorar 
con un pequeno certame de recitado de poesía
ou, para os máis valentes...
coa creación dun poema
que despois gravaríamos en Ameixa Radio...


Á vista dos acontecementos que estamos a vivir...
Tivemos que cambiar de planes
 e adaptarnos á nova situación...

Grazas ás achegas dalgúns dos nosos alumnos e alumnas,
faremos unha Semana da poesía, 
baixo o nome de

"Poesía para o confinamento"

onde cada día escoitaremos 
fermosos poemas
de escritores e escritoras galegos,
recitados polos nosos cativos/as.


Velaquí vos deixamos o primeiro desta semana
para facervos un pouquiño máis levadeiros estes días!

Que o disfrutedes!



 Participan no programa:

- Alba de 6º co poema "Labrego" de Manuel María
- Mariña de 6º co poema "Pastor" de Manuel María
- Mara de 2ºA co poema extraído do libro "Belidadona" de Helena Villar Janeiro.
- Aylin de 5ºA co poema "Ourizo" de Manuel María.