jueves, 18 de abril de 2024

Bookface

Animádevos a participar na actividade do Día do Libro! Facede chegar as vosas fotos aos titores/as antes do 21 de abril!

viernes, 12 de abril de 2024

Actividade do Día do LIbro

BOas de novo! Dentro das actividades programadas na Semana do Libro convidámosvos a participar na realización dun bookface con libros con adaptación cinematográfica. Dita actividade consiste en seleccionar un libro e integrarnos na súa portada para logo realizar unha fotografía. No expositor da nosa biblioteca temos varios títulos seleccionados. Facédelle chegar as vosas fotos ás persoas titoras do alumnado antes do día 21 de abril. Aquí vos deixamos algún exemplo!

lunes, 26 de febrero de 2024

ACTIVIDADES DO MES DE FEBREIRO

Este mes de febreiro estivo cheo de actividades no noso centro polo que decidimos realizar un Padlet para non esquecernos de nada. Aquí vos deixamos un petisco do Entroido, do Día da Muller e a Nena na Ciencia, do Día de Rosalía e das primeira charlas que Rebeca Solla, actriz galega, veu dar ao noso centro.

jueves, 1 de febrero de 2024

DÍA DA PAZ

Día da Paz e da Non Violencia Todos grupos da escola escolleron unha película e reflexionaron sobre a mensaxe que transmitía e como esta contribuía á paz. Logo, os resultados de todas as aulas se plasmaron nun mural de cine colectivo. Por outra banda, tamén se organizaron contacontos grazas á colaboración do alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria que fixeron sesións de contacontos na Biblioteca e no patio. Os títulos escollidos para esta data tan sinalada foron Wangari e as árbores da paz, Paz en el jardín e Con mis palabras. Aquí compartimos algunhas imaxes !

jueves, 21 de diciembre de 2023

FELICITACIÓN DE NADAL

Nestas datas tan sinaladas a nosa biblio recibiu este fermoso agasallo: os bonecos de Pancho e Flora, as nosas mascotas, feitos por unha mamá do cole. Polo que este ano son as protagonistas da nosa postal de Nadal xunto co PDI: o cine. Boas festas e próspero 2024.

lunes, 18 de diciembre de 2023

RECOMENDACIÓNS LECT0RAS E XOGOS DE NADAL

Chegou o Nadal, esa época do ano que tanto lles gusta aos nosos nenos e nenas e por iso Pancho e Flora queren achegar a lectura ás vosas casas neste tempo de vacacións. No seguinte tríptico atoparedes suxerencias lectoras para Prelectores (3-6), primeiros lectores (6-8), lectores autónomos (8-10) , lectores avanzados (+11) e adultos. Este ano decidimos presentarvos tamén diferentes xogos para compartir tempo en familia, pasalo ben e seguir aprendendo! b
Boas festas e boas lecturas. Vémonos á volta!

CINE NO RECREO

Boas de novo! Nestas datas festivas de Nadal e seguindo a temática do noso PDI fixemos xornadas de cine durante os recreos. O alumnado desfrutou da curtametraxe "The snowman" inspirada no libro ilustrado de Raymond Briggs.
Aquí vos deixamos algunhas imaxes para que vexades o que gustou a proposta!