martes, 23 de abril de 2024
Vídeo Bookface
Compartimos con vós o resultado do Bookface, a actividade proposta para conmemorar o Día do Libro.
Moitas gracias pola vosa colaboración. Agardamos que vos guste!
jueves, 18 de abril de 2024
Bookface
Animádevos a participar na actividade do Día do Libro!
Facede chegar as vosas fotos aos titores/as antes do 21 de abril!
viernes, 12 de abril de 2024
Actividade do Día do LIbro
BOas de novo!
Dentro das actividades programadas na Semana do Libro convidámosvos a participar na realización dun bookface con libros con adaptación cinematográfica.
Dita actividade consiste en seleccionar un libro e integrarnos na súa portada para logo realizar unha fotografía. No expositor da nosa biblioteca temos varios títulos seleccionados.
Facédelle chegar as vosas fotos ás persoas titoras do alumnado antes do día 21 de abril.
Aquí vos deixamos algún exemplo!
lunes, 26 de febrero de 2024
ACTIVIDADES DO MES DE FEBREIRO
Este mes de febreiro estivo cheo de actividades no noso centro polo que decidimos realizar un Padlet para non esquecernos de nada. Aquí vos deixamos un petisco do Entroido, do Día da Muller e a Nena na Ciencia, do Día de Rosalía e das primeira charlas que Rebeca Solla, actriz galega, veu dar ao noso centro.
jueves, 1 de febrero de 2024
DÍA DA PAZ
Día da Paz e da Non Violencia
Todos grupos da escola escolleron unha película e reflexionaron sobre a mensaxe que transmitía e como esta contribuía á paz. Logo, os resultados de todas as aulas se plasmaron nun mural de cine colectivo.
Por outra banda, tamén se organizaron contacontos grazas á colaboración do alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria que fixeron sesións de contacontos na Biblioteca e no patio. Os títulos escollidos para esta data tan sinalada foron Wangari e as árbores da paz, Paz en el jardín e Con mis palabras.
Aquí compartimos algunhas imaxes !
Suscribirse a:
Entradas (Atom)