Mostrando entradas con la etiqueta radio na escola. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta radio na escola. Mostrar todas las entradas

lunes, 8 de marzo de 2021

8 marzo - Día da Muller

8 de Marzo de 2021 

Día da Muller

 

 

Un ano máis, dende o centro quixemos conmemorar esta data tan significativa e como non, dende a Biblio tamén tivemos a oportunidade de aportar o noso graniño de area a esta loita pola visibilización dos Dereitos das Mulleres. 

Dende a Biblio de Pancho e Flora fixemos unha pequena selección de libros que traballan valores como o respeto, a igualdade... 

 


 

 

E ademáis, non podiamos perder a oportunidade en AMEIXA RADIO de entrevistar á ilustradora Lara Torres. 

Autora do fermosísimo mural que dende hoxe decora a entrada ao noso centro. 

 


 

Non vos perdades a oportunidade de escoitar a entrevista que Alberto e Lidia fixéronlle para os nosos ouvíntes!



viernes, 20 de marzo de 2020

Poesía de confinamento - V


Hoxe damos por rematada
a "Semana da Poesía".

Unha semana moi especial,
marcada polo que está a acontecer
 ao noso arredor
pero, 
coa axuda do noso alumnado,
fomos quen de facerlle 
unha pequena homenaxe
aos nosos grandes poetas 
e poetisas galegos.








- Hugo de 5ºA, cun poema de Manuel María - "O grilo"

- Gabriel de 5ºA cun poema de Manuel María - "A neve"

- Marc de 2ºA cun poema de Manuel Antonio Pina - "Xiganos e anantes"

-Saray de 6º cun poema de Manuel María - "Bolboreta"

jueves, 19 de marzo de 2020

Poesía para o confinamento - IV


Cuarto día consecutivo
no que temos a oportunidade 
de escoitar poemas de 
grandes poetas galegos
na boca dos nosos rapaces e rapazas.



- Carmen de 2ºB , cun poema de Xosé Neira Vilas - "O río"

- Emma de 2ºB, cun poema de Xosé María Álvarez Blazquez - "Roseira do teu mencer"

- Fabio de 6º, cun poema de Manuel María - "O barco"

miércoles, 18 de marzo de 2020

Poesía de confinamento - III


Un día máis, traemos estes marabillosos poemiñas
aos que o noso alumnado fixo un pouquiño seus
dotándolles de voz e de emoción.


Grazas nenas e nenos por facernos estes días
un pouquiño máis levadeiros.


Participan neste programa:

- Ana de 6º cun poema de Manuel María - "A lúa"

- Roi de 5ºA cun poema de Manuel María - "O tractor"

- Ángela de 2ºA cun poema de Gloria Sánchez - "Fafarratrece"

- Daniel de 6º cun poema de Manuel María - "Árbores de cidade"

martes, 17 de marzo de 2020

Poesía para o confinamento - II

POESÍA PARA O CONFINAMENTO - II


Como xa adiantábamos onte...
Continuamos coa nosa 
"Semana da poesía: 
Poemas para o confinamento"






Hoxe viñemos cargados con
 máis  fermosos poemiñas
de escritores e escritoras galegos
aos que o noso alumnado
lles quixo poñer voz.







Neste programa participan:

-Alba de 2ºB cun poema de Ana María Fernández titulado "Que cousa?"

-Ángela 5ºB cun poema de Manuel María titulado " O chifre"

-Borja de 6º cun poema de Manuel María titulado "Galicia"

-Estela de 6º cun poema de Manuel María titulado "Boneca"

lunes, 16 de marzo de 2020

Poesía para o confinamento - I




POESÍA PARA O CONFINAMENTO

Como xa moitos de vós sabedes...
o vindeiro día 21 de marzo
será o Día da Poesía.

Un día que dende a Biblio queríamos conmemorar 
con un pequeno certame de recitado de poesía
ou, para os máis valentes...
coa creación dun poema
que despois gravaríamos en Ameixa Radio...


Á vista dos acontecementos que estamos a vivir...
Tivemos que cambiar de planes
 e adaptarnos á nova situación...

Grazas ás achegas dalgúns dos nosos alumnos e alumnas,
faremos unha Semana da poesía, 
baixo o nome de

"Poesía para o confinamento"

onde cada día escoitaremos 
fermosos poemas
de escritores e escritoras galegos,
recitados polos nosos cativos/as.


Velaquí vos deixamos o primeiro desta semana
para facervos un pouquiño máis levadeiros estes días!

Que o disfrutedes!



 Participan no programa:

- Alba de 6º co poema "Labrego" de Manuel María
- Mariña de 6º co poema "Pastor" de Manuel María
- Mara de 2ºA co poema extraído do libro "Belidadona" de Helena Villar Janeiro.
- Aylin de 5ºA co poema "Ourizo" de Manuel María.


domingo, 15 de marzo de 2020

Reportaxe: La isla de la basura


Velaquí nos traen unha 
das derradeiras reportaxes 
feitas polo alumnado de sexto.


Nesta ocasión, 
Joel e Fabio 
achégannos a unha desagradable realidade: 
as illas de lixo 
que se están a formar nos nosos océanos.


Grazas rapaces por concienciarnos 
da importancia de coidar do noso!






jueves, 12 de marzo de 2020

Cóntame un conto: La serpiente y el lobo



Dende a aula de Audición e Linguaxe

envíannos este pequeno conto titulado

 " La serpiente y el lobo"

escrito e narrado polo noso alumno

 de 2º de Educación Primaria

Alejandro. 



Toda unha promesa de escritor!

Noraboa Alejandro!!


martes, 10 de marzo de 2020

Reportaxe: O cambio climático

O alumnado de sexto de primaria,
continúa a traernos excelentes reportaxes 
a Ameixa Radio

sobre temas moi interesantes.






Nesta ocasión, 

Borja e Mateo
preséntannos o tema do "Cambio Climático" 
e as súas consecuencias.

Adiante rapaces!!



lunes, 9 de marzo de 2020

Día da Muller - 8 marzo

O pasado luns, 
conmemoramos no cole o
 "Día da Muller".

Todas e todos xuntos, 
paseamos polo cole 
cos nosos batuques
 para asegurarnos que se nos escoitaba
 ben dende tódolos recunchos de Carril.




Ameixa Radio 
tamén quixo estar presente 
con este pequeno programa de entrevistas
 que se levou a cabo grazas á axuda
 dos nos radioreporterios,
 Alberto e Lidia, de 5º.


Escoitádeo!


Cóntame un conto - Aventuras mágicas. Cap.4

Continúan as aventuras desta 
panda de amigas e amigos.

Aventuras moi divertidas que conseguen 
ter a todas e todos 
os oíntes de Ameixa Radio
en vilo ata a chegada
do próximo capítulo!

Coma sempre, os nosos máis 
sinceiros parabéns Úrsula!


viernes, 6 de marzo de 2020

Reportaxe - O prestige

Unha nova reportaxe chegou ao
 estudo de gravación de Ameixa Radio.

Saray, a nosa alumna de 6º de primaria, 
quixo falarnos sobre un tema que 
quizais xa tiñamos un pouco esquecido 
pero que é importante que non olvidemos.

Esta alumna, cóntanos o acontecido fai uns anos 
co petroleiro Prestige e fai un repaso
das consecuencias que tivo nas costas galegas.

Ademais, aproveita esta canle 
para lembrarnos a importancia 
do coidado do noso medio ambiente.

Grazas Saray polo teu bo traballo!

Noraboa!





jueves, 5 de marzo de 2020

Cóntame un conto - El tesoro del dragón

Ameixa Radio segue medrando cada día máis,
grazas ás achegas do noso alumnado.

O alumnado de 5ºA 
( Ángela, Gabriela, Adrián, Xacobe, Alina, Aylin e Nuria
cada martes no recreo da Biblio
acude á Ameixa Radio 
para contarnos as aventuras de:
"El tesoro del dragón" 
do escritor
Rafael Ordóñez Cuadrado.

Unha divertidísima obra de teatro
versionada para a radio.

Non vola podedes perder!!




lunes, 2 de marzo de 2020

Reportaxe - A gripe


                       Emma, Mariña  e Nico quixeron compartir                                            con nós esta reportaxe sobre "A gripe"
                         
                        Unha temática que nestes momentos está 
                                       tan de actualidade 
na nosa sociedade.


Para poder escribir esta reportaxe, 
estiveron entrevistando a distintas personas para agora recollelo
todo en Ameixa Radio.

Adiante rapaces!!








jueves, 27 de febrero de 2020

Cóntame un conto - Aventuras mágicas. Cap.3

E si ata aquí o conto
 que Úrsula escribiu che gustou... 

espera a escoitar o que está por vir!

Toda unha aventura nun país estranxeiro
onde deberán plantexarse múltiples 
solucións para voltar á casa!

Conseguirano?

Non volo podedes perder!!


miércoles, 26 de febrero de 2020

Mércores larpeiros - Pastel vexetal e Crema de cabaza



Unha semana máis...
aquí voltamos con dúas deliciosas receitas 
da man de Mateo e Aroa 
que nos deleitarán cun pastel vexetal,
 moi apetecible para os días de calor 
así como cunha crema de cabaza e verduras 
para os días máis fríos.

Adiante compañeiros!!





martes, 25 de febrero de 2020

Reportaxe - As mariscadoras



O alumnado de sexto de primaria
continúa a escribir fantásticas reportaxes 
que despois graban en "Ameixa Radio".





Nesta ocasión, Alba, Iago e Noelia
quixeron contarnos unha realidade 
que lles toca ben de cerca:



"As mariscadoras"








Escoitade o ben que nos explican 
deste duro pero fermoso oficio!



martes, 18 de febrero de 2020

Mércores larpeiros - pasta con vexetais e crema de cabaza

Continuamos cos nosos deliciosos 
mércores larpeiros 
que non fan máis que facernos a boca auga...

O alumnado de terceiro volve á carga 
con dúas deliciosas receitas, 
nesta ocasión Uxía nos conta
 unha rica receita de 
pasta con vexetais 
mentres que Nerea
nos sorprende cunha saudable receita 
de Crema de cabaza e cenoria.


Adiante rapazas!!



Reportaxe - Os incendios de Australia

Ola de novo!

Volve un novo programa, gravado polo alumnado de 6º de EP.


Desta vez, Iria, Flavia e Xi Yao estiveron a indagar sobre o 
problema que está a acontecer nos bosques de Australia.

Elas mesas, buscaron información en
 diferentes páxinas web sobre
 o impacto que os incendios forestais están
 a xerar tanto no medioambiente coma na fauna.

Parabéns pola vosa magnífica reportaxe!








domingo, 16 de febrero de 2020

Cóntame un conto - Aventuras mágicas. Cap.2



Velaquí nos chega o 
segundo capítulo "Saludos divertidos" 
da historia escrita e narrada por Úrsula, 
unha compañeira de 4º de primaria.

Aos estudos de Ameixa Radio xa chegou un paxariño
 a dicirnos que lle estaba a encantar 
a historia e que estaba 
desexando coñecer como continúa.

¡Todo un éxito!