Mostrando entradas con la etiqueta recreo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta recreo. Mostrar todas las entradas

domingo, 17 de noviembre de 2019

Os lóstregos


Ola a todos e todas,

Hoxe comeza o segundo grupo do club de lectura 
"Os lóstregos"





Vexo moito entusiasmo neste alumnado, 
penso que imos pasar uns entretidos venres no recreo.


Lembramos que xa temos en marcha a conta atrás para que os compoñentes do club de lectura "Pasa a páxina" do Instituto de Carril veñan ao cole para contarnos un conto aos amigos e amigas de infantil.



Unha aperta
A profe Regina








viernes, 18 de octubre de 2019

Patios na Biblio



É por iso que a nosa Biblio está aberta durante o horario de recreo para todos os rapaces e rapazas do cole.


Durante este momento, poderán disfrutar da lectura pero tamén doutras actividades como: pintar, xogar cos xogos de mesa, busca de información no ordenador... ou incluso xogando a ser mestras e mestres que lle contan un conto ao seu alumnado.






lunes, 14 de octubre de 2019

Clube de lectura

Este curso 2019/2020, comeza a andaina do

Clube de lectura " Os lóstregos".



Hai unha única clase de 6º de primaria pero aínda así participan moitos dos alumnos/as.

Comezamos co libro "Cuentos en verso para niños perversos", do coñecido escritor Roald Dahl, seguro que vos é moi coñecido por ser o autor de contos como "Charlie y la fábrica de chocolate".


Así, procuraremos ter unha visión crítica dos contos clásicos.

Eu, Regina, estou moi leda, como un ano máis da alta participación.



Así que.... 

¡¡ VIVA A LECTURA E VIVAN OS LÓSTREGOS!!