A Organización das Nacións Unidas (ONU)
dende o ano 2012 estableceu o día 13 de febreiro
como o Día Mundial da Radio
co obxectivo de pór en valor este medio de comunicación
É por isto que, dende a nosa escola,
non quixemos desaproveitar esta oportunidade para pór en valor
o noso pequeno proxecto de radio
e tamén para seguir aprendendo sobre este medio de comunicación
Para conmemorar este día,
tivemos a gran sorte de poder contar cun
antigo estudante da nosa escola,
Aldo Gómez.
O cal, hoxe en día, adícase profesionalmente
ao mundo da radio na Cadena Ser Toledo.
Aldo, pasou a mañá co alumnado de 5º e 2º de primaria .
Dende o primeiro momento conseguiu enganchar
aos nosos alumnos e alumnas a través de xogos moi divertidos
onde tiñamos que adiviñar a quen correspondía cada voz ou
onde tiñamos que contar cantas voces distintas oíamos nun audio.
Unha gran experiencia!!
Despois desta pequena introducción,
amosounos a súa "pecera" e nos puxo un pequeno vídeo
onde se podía ver como se fai " a radio de verdade".
Conseguindo espertar a curiosidade de todo o alumnado
e motivándoos a facer radio na escola.
o alumnado de 2º quixo facerlle unha pequena
entrevista en directo ao noso convidado especial.
Velaquí vola deixamos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario