Compartimos con vós o episodio especial de Ameixa Radio que presentamos aos premios José Hermida da cadena SER. Non fomos premiados na final polo xurado, pero sí recibimos o recoñecemento da emisora polo gran labor e traballo realizado polo alumnado de 6º todas as mañás amenizando as entrdas do cole e fomentando así a radio, a comunicación, o traballo en equipo, a creatividade, a información e o pensamento crítico.
jueves, 8 de mayo de 2025
viernes, 25 de abril de 2025
📚🌿 Celebramos a Semana do Libro co ODS 15 como protagonista!
Ao mesmo tempo, quixemos aproveitar esta temática tan especial para celebrar por todo o alto a Semana do Libro e o Día do Libro cunha chea de actividades cheas de creatividade e participación.
📖✨ Intercambios lectores: Os nenos e nenas de diferentes niveis convertéronse en contadores de historias e viaxaron polas aulas do centro para compartir contos cos seus compañeiros. Foi unha experiencia máxica, onde o gusto pola lectura se contaxiou de maneira natural e divertida.
🎬📚 Lerflix: Inspirándonos nas plataformas audiovisuais, puxemos en marcha o noso mural "Lerflix", onde o alumnado compartiu recomendacións lectoras a través de cartaces creativos e moi orixinais. Agora, calquera que se achegue pode descubrir novas lecturas grazas aos consellos dos seus compañeiros e compañeiras.
📚🔄 Novidades na biblioteca: Ademais, renovamos o expositor de libros cunha selección especial de títulos relacionados coa natureza, os animais, as árbores e o coidado do medio. E no noso querido "bibliopatio", o carro de libros tamén foi actualizado para que os momentos de lecer sigan sendo ocasións perfectas para mergullarse nas mellores historias.
Seguiremos enchendo a escola de libros, soños e bos hábitos para coidar o noso planeta. Porque ler tamén é unha forma de cambiar o mundo! 🌍💚
jueves, 27 de febrero de 2025
Febreiro no Equipo de Biblioteca: Innovación, Ciencia e Novas Aventuras Literarias
O mes de febreiro trouxo consigo unha chea de actividades emocionantes na nosa biblioteca, todas elas aliñadas co Obxectivo de Desenvolvemento Sostible (ODS) número 9: “Industria, Innovación e Infraestructuras”. Este obxectivo, que busca promover o progreso tecnolóxico, o acceso á información e o fomento da creatividade, inspirounos a celebrar a Semana da Ciencia e a conmemorar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia (11 de febreiro).
Durante esta semana, a biblioteca converteuse nun auténtico laboratorio de ideas. Os nosos pequenos científicos e científicas de todos os ciclos e niveis traballaron duro para crear os seus propios experimentos. Despois, compartíronos co resto do alumnado nun espazo especialmente preparado na biblioteca. Foi unha experiencia marabillosa ver como os nenos e nenas explicaban con ilusión os seus “achadegos” e como todos aprendían uns dos outros. A ciencia, a innovación e a curiosidade foron as protagonistas, e demostrámonos que a creatividade non ten límites.
Pero febreiro non foi só ciencia. Tamén recibimos novas incorporacións literarias que xa están a encantar aos nosos lectores e lectoras:
A colección “Escola de Monstros”: Esta divertida colección está a facer as delicias dos máis pequenos. Con historias cheas de humor e aventuras, os monstros máis simpáticos ensínannos que ser diferente é algo especial, ademais de fomentar a comprensión lectora, a creatividade e valroes como a amizade, o respeto e o compañeirismo.
A colección "Pillota": Unha aposta pola diversión e a aprendizaxe a través de libros interactivos e cheos de sorpresas. Perfecta para que os nenos e nenas descubran o pracer da lectura dun xeito lúdico.
Unha nova colección de libros en lingua inglesa que vai ser unha excelente ferramenta para que os nosos alumnos e alumnas melloren os seus coñecementos noutros idiomas mentres disfrutan de historias emocionantes e ilustracións encantadoras.
A biblioteca segue a ser un espazo vivo, onde a innovación, a cultura e a aprendizaxe se dan a man. Agardamos que estas novas coleccións vos animen a seguir explorando o marabilloso mundo dos libros. E recordade: a ciencia, a lectura e a curiosidade son as chaves para construír un futuro mellor.
¡Seguimos construíndo pontes cara ao coñecemento! 📚✨
miércoles, 5 de febrero de 2025
Xaneiro na nosa biblioteca: un mes para a paz e a renovación
O novo ano chegou á nosa biblioteca cunha serie de actividades e novidades que promoveron valores fundamentais relacionados cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS), en particular o de Paz, Xustiza e Institucións Sólidas. Foi un mes cheo de aprendizaxe, colaboración e renovación, no que toda a comunidade educativa participou activamente.
O 30 de xaneiro conmemoramos o Día da Paz cunha fermosa iniciativa colectiva: a creación dun mural conmemorativo no que participaron todas as aulas do centro. O noso alumnado púxose "mans á obra" (literalmente) para expresar o seu compromiso cun mundo máis xusto, solidario e en harmonía. Este mural, que agora decora un dos corredores do colexio, lembra a importancia de construír a paz cada día a través das nosas accións. Se queredes saber máis sobre esta actividade premde no seguinte enlace.
Outra das novidades destacadas foi a renovación da colección de libros e xogos do Bibliopatio. Agora, os períodos de recreo contan cunha selección nova, variada e adaptada aos intereses dos nenos e nenas, ofrecendo novas oportunidades para a lectura e o entretemento ao aire libre.
Ademais, tivemos a sorte de recibir dúas importantes doazóns de libros para enriquecer o noso fondo bibliográfico. Por unha banda, con motivo do Día Mundial contra o Cancro (4 de febreiro), incorporamos da man dunha das nais do colexio de Arealonga un total de 150 exemplares do conto "Cristina y mamá y cómo la palabra todavía es su talismán", pensada para axudar a comprender e sensibilizar sobre o tema. Por outra banda, recibimos a colección en inglés "The Classic Collection", que inclúe marabillosos contos clásicos como Cincenta ou Branca Neves e os sete ananiños. Estes novos títulos permitirán ao alumnado achegarse á literatura universal e mellorar as súas competencias en lingua inglesa.
Desde o equipo de biblioteca, queremos agradecer a implicación de todos os que fixeron posible este mes cheo de novidades e aprendizaxe. Seguiremos traballando para facer da nosa biblioteca un espazo vivo, cheo de recursos e propostas enriquecedoras.
Seguimos lendo, aprendendo e construíndo un mundo mellor! 📚✨
lunes, 29 de abril de 2024
jueves, 17 de junio de 2021
Libros electrónicos
Este ano, unha das novidades que tivemos
na Biblio de Pancho e Flora foron os
LIBROS ELECTRÓNICOS.
Dende o principio do curso,
o equipo de Biblioteca tivo moi claro que quería apostar
por achegar novos formatos de lectura ao alumnado de 6º de primaria
( a modo de experiencia piloto)
e os resultados foron moi positivos!
Escoitade as súas impresións
neste programa de Ameixa Radio
lunes, 14 de junio de 2021
Biblioaxudantes 2021
Neste curso tan diferente,
Pancho e Flora queren agradecer moi especialmente
a gran labor levada a cabo polos BIBLIOAXUDANTES.
Alumnado de 5º e 6º que de maneira voluntaria
viña nos recreos a axudar coas tarefiñas da Biblio.
Pancho e Flora a modo de agradecemento
quixeron ter un pequeno detalliño
con todos eles ao final do curso.
GRAZAS POR TODO RAPAZADA!
Escoitade tamén as súas impresións en Ameixa Radio
lunes, 8 de marzo de 2021
8 marzo - Día da Muller
8 de Marzo de 2021
Día da Muller
Un ano máis, dende o centro quixemos conmemorar esta data tan significativa e como non, dende a Biblio tamén tivemos a oportunidade de aportar o noso graniño de area a esta loita pola visibilización dos Dereitos das Mulleres.
Dende a Biblio de Pancho e Flora fixemos unha pequena selección de libros que traballan valores como o respeto, a igualdade...
E ademáis, non podiamos perder a oportunidade en AMEIXA RADIO de entrevistar á ilustradora Lara Torres.
Autora do fermosísimo mural que dende hoxe decora a entrada ao noso centro.
Non vos perdades a oportunidade de escoitar a entrevista que Alberto e Lidia fixéronlle para os nosos ouvíntes!
martes, 6 de octubre de 2020
Ameixa Radio
E si vos conto que Ameixa Radio tamén está de volta?
Pouco a pouco o noso alumnado comezará a encher
as ondas de bos momentos grazas
aos seus chistes,
ás súas receitas,
ás súas entrevistas...
Non vos perdades o vídeo de presentación
que creamos para a ocasión.
viernes, 20 de marzo de 2020
Poesía de confinamento - V
jueves, 19 de marzo de 2020
Poesía para o confinamento - IV
- Carmen de 2ºB , cun poema de Xosé Neira Vilas - "O río"
- Emma de 2ºB, cun poema de Xosé María Álvarez Blazquez - "Roseira do teu mencer"
- Fabio de 6º, cun poema de Manuel María - "O barco"
miércoles, 18 de marzo de 2020
Poesía de confinamento - III
Participan neste programa:
- Ana de 6º cun poema de Manuel María - "A lúa"
- Roi de 5ºA cun poema de Manuel María - "O tractor"
- Ángela de 2ºA cun poema de Gloria Sánchez - "Fafarratrece"
- Daniel de 6º cun poema de Manuel María - "Árbores de cidade"
martes, 17 de marzo de 2020
Poesía para o confinamento - II
Neste programa participan:-Alba de 2ºB cun poema de Ana María Fernández titulado "Que cousa?"
-Ángela 5ºB cun poema de Manuel María titulado " O chifre"
-Borja de 6º cun poema de Manuel María titulado "Galicia"
-Estela de 6º cun poema de Manuel María titulado "Boneca"
lunes, 16 de marzo de 2020
Poesía para o confinamento - I
domingo, 15 de marzo de 2020
Reportaxe: La isla de la basura
jueves, 12 de marzo de 2020
Cóntame un conto: La serpiente y el lobo
envíannos este pequeno conto titulado
" La serpiente y el lobo",
escrito e narrado polo noso alumno
de 2º de Educación Primaria,
Alejandro.
Toda unha promesa de escritor!




























