jueves, 30 de enero de 2020

Ameixa Radio - Visita ao Parlamento




O pasado día 24 de xaneiro o alumnado de 5º de primaria foise de excursión a Santiago de Compostela para visitar o Parlamento de Galicia e a Xunta de Galicia.



A Alberto, Lidia e Alicia gustoulle moito a excursión e por iso quixeron recoller o aprendido 
neste pequeno programa para Ameixa Radio














Ademáis, mentres o estabamos a gravar...tivemos a sorte 
de contar como público ao alumnado de 5 anos.




Premede no botón laranxa para escoitalo!!



miércoles, 29 de enero de 2020

Cóntame un conto - O cazo de Lorenzo



O conto que hoxe nos traen Cristina, Eli e Yomara 
é un dos contos máis bonitos que existen.


 Un conto que polos valores que transmite, 
quixeron compartir
co alumnado de 3 anos e de 2º de EP.



O cazo de Lorenzo, da escritora Isabelle Carrier, fala de xeito metafórico das diferenzas que existen entre as persoas.




Dunha maneira moi sinxela,
 Isabelle Carrier é quen de facernos reflexionar 
sobre a historia de Lorenzo
un neno con dificultades no seu día a día pero que...
a pesar dos moitos obstáculos que ten que afrontar,
 tamén nos fai ver que Lorenzo
 ten unha morea de boas cualidades...

Non vos contamos máis...
mellor que o escoitedes da man das nosas alumnas.

Adiante rapazas!!






martes, 28 de enero de 2020

Mércores larpeiros - Ensaladas



Continuamos con máis deliciosas receitas que as nosas compañeiras e compañeiros de 3º queren compartir con nós.

Desta vez, tócalle o turno ás receitas de ensaladas. 

Tanto Daniela como Princesa e Izan vannos explicar unhas fantásticas ideas para os nosos xantares.


viernes, 24 de enero de 2020

Ameixa Radio - Segredos

- Eh tí, si, si...Ti...
estou a falar contigo!! 

Queres que che conte un segredo 
que está a bulir pola nosa escola?


Si a respostas é que si...
preme no seguinte enlace e permanece atento/a.


Recorda...Os martes...durante o recreo da Biblio!

Vémonos!!

miércoles, 22 de enero de 2020

Mércores larpeiros - Almorzos Saudables


Xa estamos de volta!!

Velaquí vos deixamos un contido do máis interesante!

O alumnado de 3º A e 3ºB antes da vacacións de Nadal, estiveron a traballar qué é iso da alimentación saudable e coa axuda das súas mestras e das súas familias fixeron unha pequena recopilación dalgunhas receitas que queren compartir con todos nós.


Nesta ocasión Antía e Mariña, nos contarán distintas ideas de almorzos...moi ricos pero tamén moi saudables!!

Bo proveito!