lunes, 24 de octubre de 2016

Comezamos!

Queridos nenos e nenas, 
Pancho e Flora queren contarvos algunhas novidades que temos este curso na biblioteca.
Ao igual que o ano pasado, podedes vir nos recreos de luns a xoves. 
E que podedes facer? Pois....
  • Ler.
  • Consultar información e os blogues do cole nos ordenadores.
  • Debuxar e colorear.
  • Xogar cos xogos de mesa.
Os venres, ímosllos reservar aos maiores. A profe Regina formou un clube de lectura ao que se pode apuntar o alumnado de sexto.

Esperamos que vos gusten os cambios.
Agardámosvos!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario