miércoles, 13 de octubre de 2021

sábado, 2 de octubre de 2021

martes, 22 de junio de 2021

Recomendacións lectoras Verán 2021

Este curso xa chegou ao seu fin...

Un curso estrano,
cheo de novas normas,
de inquedanzas,
de nervios...

Pero tamén cheo de aventuras,
novos soños,
novas andainas...

Pancho e Flora quérense despedir 
 ata o próximo Setembro 
pero non queren que marchedes
 coas mans baleiras...

Aquí vos deixan unha serie de
 SUXESTIÓNS LECTORAS 
para tódalas idades!

Botádelle un ollo 
e non deixedes de ler durante estes días!

Apertas mil!!



jueves, 17 de junio de 2021

Libros electrónicos

 Este ano, unha das novidades que tivemos 

na Biblio de Pancho e Flora foron os

LIBROS ELECTRÓNICOS.




Dende o principio do curso, 
o
equipo de Biblioteca tivo moi claro que quería apostar
 por achegar novos formatos de lectura ao alumnado de 6º de primaria
 ( a modo de experiencia piloto)

e os resultados foron moi positivos!






Escoitade as súas impresións

 neste programa de Ameixa Radio



miércoles, 16 de junio de 2021

Viaxando polo mundo!

Aquí está a derradeira 
parada da nosa viaxe!


O noso alumnado estivo durante todo o curso investigando
 sobre distintos países: Francia, Italia, Brasil, Polo Norte,
 India, Rumanía, Xapón, China, Estados Unidos...

Tanto investigaron que non quixemos perder a oporunidade de retalos 
co xogo interactivo da OCA VIAXEIRA...

E ti, serás capaz de chegar ata o final coas túas respostas?

Preme no seguinte enlace e...

Que comece o xogo!!


martes, 15 de junio de 2021

Viaxando polo mundo....Rumbo a Grecia!

 

Viaxando polo mundo...

Rumbo a Grecia!!


O alumnado de 4ºB tamén quixo 

deixar a súa pegada nesta volta a mundo.


Neste caso, estiveron a investigar sobre Grecia...


Un país cheo de tradicións, bos xantares e moita cultura!


Botádelle unha ollada a toda información 

que recabaron ao longo do curso!