domingo, 21 de marzo de 2021

Versos do Mundo - Día da poesía

 

VERSOS DO MUNDO
DÍA DA POESÍA

Co galo do Día da Poesía, este ano dende o noso centro, 

tomando como referencia o Proxecto de "Viaxando polo Mundo"

pedímoslle ao noso alumnado que escribira distintas poesías.


Pero non uns poemas calquera..

Uns poemas que falasen sobre todo o que estiveron a investigar ata o momento 

sobre o país que escolleran alá polo primeiro trimestre.


Pancho e Flora quedaron encantadísimos co resultado!


 Que poesías máis bonitas!


Canto estaban a aprender sobre os distintos países do mundo!


E se queres botarlle unha ollada ao chulos que quedaron...

non tes máis que facer click no seguinte enlace:


Que sorte a nosa!

A clase de 3ºA tamén se animou a gravar unha fermosa poesía

 que recolle a historia do seu querido chorón.

Non vola podedes perder!




lunes, 8 de marzo de 2021

8 marzo - Día da Muller

8 de Marzo de 2021 

Día da Muller

 

 

Un ano máis, dende o centro quixemos conmemorar esta data tan significativa e como non, dende a Biblio tamén tivemos a oportunidade de aportar o noso graniño de area a esta loita pola visibilización dos Dereitos das Mulleres. 

Dende a Biblio de Pancho e Flora fixemos unha pequena selección de libros que traballan valores como o respeto, a igualdade... 

 


 

 

E ademáis, non podiamos perder a oportunidade en AMEIXA RADIO de entrevistar á ilustradora Lara Torres. 

Autora do fermosísimo mural que dende hoxe decora a entrada ao noso centro. 

 


 

Non vos perdades a oportunidade de escoitar a entrevista que Alberto e Lidia fixéronlle para os nosos ouvíntes!