viernes, 21 de diciembre de 2018

LECTURAS PARA O NADAL

Rematamos o 1º trimestre! Pancho e Flora deséxanvos unhas boas festas e déixanvos unhas suxestións de lecturas para entretervos entre turrón e turrón.
FELIZ 2019!!!








martes, 18 de diciembre de 2018

DEPORTES: ATLETISMO

Os compañeiros e compañeiras de 2º tamén nos deixan un mural no seu corredor. Desta vez, o deporte que traballaron, foi o atletismo e os seus valores. Tomade nota!






jueves, 13 de diciembre de 2018

DEPORTES: TENIS

Os pequenos e pequenas de 1º xa nos fixeron o seu mural sobre o deporte que traballaron. Quedoulles moi bonito, e ademais, se levantamos as pelotas de tenis aprendemos cousiñas deste deporte. Pasade polo corredor a velo.

jueves, 8 de noviembre de 2018

CLUBE DE LECTURA

Un ano máis, a profe Regi, está levando  a cabo o clube de lectura cos maiores do cole nos recreos dos venres.
Nas primeiras sesións xa elaboraron o mural, concretaron os grupos e buscaron información do autor e do libro co que empezan.
Deixámosvos  unhas fotos.













miércoles, 31 de octubre de 2018

SAMAÍN HALLOWEEN

Hoxe o noso cole dá medo!!
Se queredes entretervos con lecturas terroríficas, temos algunhas novidades no expositor da biblio. 
Uuuuuuuuuuu!!!



miércoles, 24 de octubre de 2018

DÍA DAS BIBLIOTECAS

POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR  é o lema proposto para este curso 2018-19 para as bibliotecas escolares. Velaí o cartel deste ano que fixo a ilustradora Nuria Díaz.








Hoxe 24 de outubro, Día das Bibliotecas, no noso cole quixemos encher tamén o patio de poesía. O alumnado que quixo, puido desfrutar da lectura de poemas nese momento de ocio.










jueves, 18 de octubre de 2018

MOCHILAS VIAXEIRAS

Comezamos xa este  luns coas mochilas viaxeiras. Agardamos que vos gusten as lecturas escollidas.
Deixádenos a vosa  opinión no caderno que atoparedes dentro de cada unha.



jueves, 11 de octubre de 2018

O PAPAGAIO

Este curso continuamos coa subscrición ao xornal do Papagaio.
Xa temos na biblioteca os exemplares de outubro.
Botádelle un ollo!! 





jueves, 27 de septiembre de 2018

LECTURAS DEPORTIVAS

Pancho e Flora deixaron no expositor algúns libros por se vos queredes animar cunhas lecturas deportivas.
Pero tamén podedes buscar nos andeis da biblio. Seguro que atopades máis!




jueves, 20 de septiembre de 2018

PREPARADOS, LISTOS... XA!!

Este curso seguimos viaxando, e desta vez, 
viaxamos cos xogos e os deportes.
Así que collede folgos para esta carreira de fondo. 
Xa sabedes!  Esforzo, diversión, deportividade e xogo limpo. 
O noso amigo Mickey recórdanolo neste vídeo.



jueves, 21 de junio de 2018

LECTURAS PARA O VERÁN

"Viaxando  coa música" chegounos o verán e as ben merecidas vacacións.
Despedímonos ata o vindeiro curso, pero antes queremos deixarvos unhas suxestións de lecturas para o voso tempo de ocio.
Felices vacacións!!








lunes, 11 de junio de 2018

INSTRUMENTOS

Este curso Viaxamos coa música e as entradas do colexio enchéronse de sons grazas aos instrumentos que fixo o noso alumnado coas súas familias.
Quedaron moi bonitos e soaban de marabilla. No vídeo podedes botarlle un vistazo a algúns deles.
Graciñas pola vosa colaboración.


miércoles, 16 de mayo de 2018

LETRAS GALEGAS

Letras Galegas 2018
María Victoria Moreno

Deixámosvos un anaco dun dos poemas que aparece no seu libro Eu conto, ti cantas...


Pedín café con leite
á camareira
e tróuxome unha cunca
chea de letras.

      E unha culler
      por se me viña antollo
      de remexer.


As letras eran doces, 
eu tiña fame
e decidín comelas
ata fartarme.

      Mais tiñan vida:
      eu achegaba a boca
      e elas fuxían.



    




miércoles, 2 de mayo de 2018

MES DAS LETRAS

Comezamos o mes de maio, o mes das letras. 
Este ano, o Día das Letras Galegas está dedicado a
María Victoria Moreno. 
Busca na nosa biblio os seus libros. 




miércoles, 25 de abril de 2018

A MÚSICA DA AUGA

Onte visitou o noso cole o músico Servando Barreiro. Co seu acordeón, levounos de viaxe polo Miño para coñecer ás xacias, ao trasno Zaín, á pinguiña Sabela... e, para lembrarnos tamén, que non debemos contaminar os nosos ríos. 


lunes, 23 de abril de 2018

miércoles, 18 de abril de 2018

A MÚSICA DA AUGA

Servando Barreiro musicou e ilustrou o libro de Anxo Moure "A música da auga". A vindeira semana teremos a sorte de coñecelo na nosa biblioteca. Deixámosvos un adianto no seguinte enlace.


martes, 13 de febrero de 2018

CONTACONTOS






O 7 de febreiro os máis peques do cole (Ed. Infantil, 1º e 2º) tiveron un contacontos. Con el e da man de Riciños de Ouro, Hansel e Gretel, Os 7 ananiños... viaxaron ao mundo dos clásicos. Foi unha sesión moi divertida.

lunes, 29 de enero de 2018

DÍA DA PAZ

30 DE XANEIRO: DÍA DA PAZ
Velaí unas recomendacións de lecturas interesantes e entretidas sobre este tema. Buscádeas no expositor da biblio.