jueves, 27 de febrero de 2020

Cóntame un conto - Aventuras mágicas. Cap.3

E si ata aquí o conto
 que Úrsula escribiu che gustou... 

espera a escoitar o que está por vir!

Toda unha aventura nun país estranxeiro
onde deberán plantexarse múltiples 
solucións para voltar á casa!

Conseguirano?

Non volo podedes perder!!


miércoles, 26 de febrero de 2020

Mércores larpeiros - Pastel vexetal e Crema de cabaza



Unha semana máis...
aquí voltamos con dúas deliciosas receitas 
da man de Mateo e Aroa 
que nos deleitarán cun pastel vexetal,
 moi apetecible para os días de calor 
así como cunha crema de cabaza e verduras 
para os días máis fríos.

Adiante compañeiros!!





martes, 25 de febrero de 2020

Reportaxe - As mariscadoras



O alumnado de sexto de primaria
continúa a escribir fantásticas reportaxes 
que despois graban en "Ameixa Radio".





Nesta ocasión, Alba, Iago e Noelia
quixeron contarnos unha realidade 
que lles toca ben de cerca:



"As mariscadoras"








Escoitade o ben que nos explican 
deste duro pero fermoso oficio!



martes, 18 de febrero de 2020

Mércores larpeiros - pasta con vexetais e crema de cabaza

Continuamos cos nosos deliciosos 
mércores larpeiros 
que non fan máis que facernos a boca auga...

O alumnado de terceiro volve á carga 
con dúas deliciosas receitas, 
nesta ocasión Uxía nos conta
 unha rica receita de 
pasta con vexetais 
mentres que Nerea
nos sorprende cunha saudable receita 
de Crema de cabaza e cenoria.


Adiante rapazas!!



Reportaxe - Os incendios de Australia

Ola de novo!

Volve un novo programa, gravado polo alumnado de 6º de EP.


Desta vez, Iria, Flavia e Xi Yao estiveron a indagar sobre o 
problema que está a acontecer nos bosques de Australia.

Elas mesas, buscaron información en
 diferentes páxinas web sobre
 o impacto que os incendios forestais están
 a xerar tanto no medioambiente coma na fauna.

Parabéns pola vosa magnífica reportaxe!








domingo, 16 de febrero de 2020

Cóntame un conto - Aventuras mágicas. Cap.2



Velaquí nos chega o 
segundo capítulo "Saludos divertidos" 
da historia escrita e narrada por Úrsula, 
unha compañeira de 4º de primaria.

Aos estudos de Ameixa Radio xa chegou un paxariño
 a dicirnos que lle estaba a encantar 
a historia e que estaba 
desexando coñecer como continúa.

¡Todo un éxito!






viernes, 14 de febrero de 2020

Reportaxe - Os louseiros de Bamio

O alumnado de 6º de primaria,
está a estudar que é todo isto dunha reportaxe.

Así que, guiados pola súa titora Chus,
comezaron a investigar e afondar neste tipo de textos
que quixeron compartir con Ameixa Radio.








Neste caso, Estela buscou información preguntándolle 
á xente que máis sabe: "ás avoas e ás mamás" 
e elaborou esta interesantísima reportaxe, 
da cal esperamos que siga a investigar
 porque nos deixou con gañas de coñecer moito máis.

























Parabéns Estela, polo teu bo traballo!



jueves, 13 de febrero de 2020

Día da radio - Obradoiro con Aldo Gómez


A Organización das Nacións Unidas (ONU) 
dende o ano 2012 estableceu o día 13 de febreiro 
como o Día Mundial da Radio 
co obxectivo de pór en valor este medio de comunicación 
e o impacto que cada día ten nas nosas vidas.



É por isto que, dende a nosa escola,
 non quixemos desaproveitar esta oportunidade para pór en valor
 o noso pequeno proxecto de radio 
e tamén para seguir aprendendo sobre este medio de comunicación 
que tantas alegrías nos está a dar.







Para conmemorar este día, 
tivemos a gran sorte de poder contar cun 
antigo estudante da nosa escola,
 Aldo Gómez.
O cal, hoxe en día, adícase profesionalmente 
ao mundo da radio na Cadena Ser Toledo.






Aldo, pasou a mañá co alumnado de 5º e 2º de primaria 

Dende o primeiro momento conseguiu enganchar 
aos nosos alumnos e alumnas a través de xogos moi divertidos
 onde tiñamos que adiviñar a quen correspondía cada voz ou 
onde tiñamos que contar cantas voces distintas oíamos nun audio.

Unha gran experiencia!!


Despois desta pequena introducción, 
amosounos a súa "pecera" e nos puxo un pequeno vídeo 
onde se podía ver como se fai " a radio de verdade".
Conseguindo espertar a curiosidade de todo o alumnado
 e motivándoos a facer radio na escola.


Como colofón desta actividade, 
o alumnado de 2º quixo facerlle unha pequena 
entrevista en directo ao noso convidado especial.


Velaquí vola deixamos!

                                            E despediuse de nós, prometéndonos volver en canto poida.                                                                                Grazas por todo Aldo!!                                                                                                                                      Ata a próxima!!                                            











miércoles, 12 de febrero de 2020

Mércores larpeiro - MugFit e Paté de cogomelos



¿¿Queres sorprender cunhas deliciosas 
receitas e ao mesmo tempo saudables??

Preme no seguinte link e atoparás 
unha rica receita dun MugFit apto 
para diabéticos e deportistas 
así como tamén un exquisito 
paté de cogomelos.




domingo, 9 de febrero de 2020

Cóntame un conto - Aventuras mágicas. Cap. 1


Había unha vez...
unha nena de 4º de primaria...
chamada Úrsula...
que decidiu escribir unha bonita historia 
que leva por título...
"Aventuras Mágicas".

Pero esta nena, que era tan boa, tan boa...
quixo compartir o seu libro con todos nós 
e por iso...decidiu gravalo 
para Ameixa Radio...

Aquí vos queda o primeiro capítulo do seu libro! 
Cada semana publicaremos un capítulo novo!

Unha súper historia que vos deixará con gañas de máis.

Parabéns polo teu pequeno libro Úrsula!!


Celebración día da paz

Este ano, na nosa escola celebramos o
Día da Paz e da Non Violencia Escolar
cun pequeno acto no que
 o alumnado de 6º de primaria nos fixo
 imaxinar como sería vivir nun mundo de paz.



A continuación, todo o alumnado do cole, 
cantou a coro a canción "Imagine" de John Lennon. 

Unha bonita forma de reinvidicar 
a necesidade de vivir nun mundo de paz.

E aínda que tiñamos preparada unha 
carreira solidaria en favor de "Save the Children"
tivemos que pospoñela por culpa da choiva.

Ameixa Radio, quixo facerse eco de todo isto
 e por iso preparou este bonito programa 
onde aparecen como presentadores: 
Noelia e Jose Luis ( alumnado de 5º EP) 
e onde tamén se recolle unha 
doce poesía gravada polo 
alumnado de 5 anos da aula da mestra Regina.

Non volo podedes perder!!



miércoles, 5 de febrero de 2020

Mércores larpeiro - Ensalada


¿¡Que mellor receita para este 
mércores larpeiro
 que unha rica ensalada!?

Jose Luis, coa axuda da súa mestra de AL,
 nos presenta unha receita sinxela 
pero moi saudable
versátil para acompañar calquer prato.