jueves, 27 de mayo de 2021

Viaxando polo mundo...Rumbo ao Polo Norte!

 Este ano Pancho e Flora

 non paran de viaxar!

Vaia sorte!

Desta volta, moi acompañadiños de todos os pequenos e pequenas

 de educación infantil

viaxaron ao Polo Norte.


Tod@s xunt@s,

 aprenderon como é a cultura dos esquimós, 

como son as súas casas,

 os animais que viven nesta parte do planeta,

 como se visten ou os medios que empregan para desprazarse!


 Toda unha cantidade de cousiñas ben curiosas e ademais...FRIOLEIRAS!!


Pero mellor que volo conte eu...

Será que investiguedes vós a través destes xogos deseñados coa axuda do noso alumnado...



martes, 25 de mayo de 2021

Viaxando polo Mundo....Rumbo a Francia!

Xa comezan a chegar as primeiras viaxes que fixo o noso alumnado polo mundo!!

Neste caso, o alumnado de 2ºA viaxou pola Francia...


 Todos xuntos foron coñecendo un poquiño deste gran país veciño: a súa situación xeográfica, os seus monumentos, as súas feiras, as súas tradicións...

Pero como unha imaxe vale máis que mil palabras.... 

Mirade o mural tan chulo que crearon para recoller toda esta información!











lunes, 17 de mayo de 2021

Día das Letras Galegas - Xela Arias

 DÍA DAS LETRAS GALEGAS


XELA ARIAS



Tódolos bebés son tu e ningún coma ti.
Tódolos nenos son tu e ningún coma ti.
Tódolos adolescentes son tu e ningún coma ti.
Tódolos mozos son tu en ningún coma ti.
Tódolos anciáns son tu e ningún coma ti.
Tódalas nais son eu e todas, como min, saben que es único.


Con esta pequena poesía extraído do libro "Darío a diario" 
queremos homenaxear á célebre escritora Xela Arias, 
autora seleccionada para a conmemoración do Día das Letras Galegas deste ano.

Dende o noso cole, foron moitas as actividades que se foron desenvolvendo ao longo destas últimas semanas para dar a coñecer a importancia da súa obra entre a nosa rapazada.

Deixamos por aquí, o enlace á entrevista para Ameixa Radio que dous alumnos de 6ºA lle fixeron á nosa particular Xela Arias neste día.








E si queredes coñecer un pouquiño máis das súas andanzas...Non dubidedes en escoitar a Regueifa que o alumnado de 6ºA gravaron para Ameixa Radio.




sábado, 15 de mayo de 2021

Día da familia

DÍA INTERNACIONAL DAS FAMILIAS

15 DE MAIO DE 2021


Dende a Biblio de Pancho e Flora non quixemos deixar pasar 

esta data tan importante nos nosos calendarios.


Como cada ano, o día 15 de maio  adícase ás Familias 

co fin de crear conciencia e destacar o seu papel fundamental 

na educación dos seus fillos e fillas así como,

 fonte de oportunidades de aprendizaxe permanente que existen para os nenos e nenas...

e quizáis tamén para os non tan nenos.


Na escola, estivéronse facendo distintas actividades relacionadas

 con este día e dende a Biblio quixemos aportar o noso granciño de area, 

escollendo moi detidamente algunhas suxestións lectoras relacionadas con esta temática.


Velaquí volas mostramos!