viernes, 23 de octubre de 2020

Día das Bibliotecas 2020

O pasado 24 de outubro celebrouse o Día das Bibliotecas,

un día moi especial no que render homenaxe a eses espazos

onde tan fantásticas aventuras podemos vivir.


Neste ano tan atípico, dende a Biblioteca de Pancho e Flora,

quixemos render unha especial homenaxe ás Bibliotecas.

Pero non a unhas biblios calqueras,

se non as bibliotecas que nos acompañan e acompañarán toda a vida...

"As nosas bibliotecas personais",

as que se van construindo pouco a pouco nas casas,

grazas aos papás e mamás, aos avós e avoas,

e incluso grazas aos amiguiños e amiguiñas.

Esas bibliotecas tan ben construidas e 

que encerran tantas e tantas aventuras,

historias, viaxes, lembranzas...


Velaquí vos deixamos unha pequena recompilación 

das aportacións feitas polo alumnado

na honra destas bibliotecas tan especiais.


Feliz Día das Bibliotecas!

 

 


domingo, 11 de octubre de 2020

Club de lectura

 Este ano é un ano de cambios...

Cambios no protocolo de entrada á Biblio...

Cambios na organización de Ameixa Radio...

Cambios no préstamo dos libros...

Cambios no horario da Biblio...

E tamén cambios no Clube de Lectura...


Este ano, colle o relevo do Club de Lectura a mestra Carla

cargada de novas enerxías para conseguir 

que o noso alumnado lle colla

 cada vez máis gusto á lectura.

Neste primeiro trimestre comezarán coa lectura de

"Dúas bágoas por Máquina".

Unha fermosísima historia escrita por Fina Casalderrey 

e gañadora do Premio Merlín no ano 1991.


martes, 6 de octubre de 2020

Biblioaxudantes

 Pouco a pouco a nosa Biblio 

comeza a poñerse en marcha

e moitas veces grazas á inestimable 

axuda dos nosos cativos e cativas.


O ano pasado xa puxemos en marcha 

aos chamados "Biblioaxudantes" 

pero con todo isto da COVID-19, 

(moi ao noso pesar)

 tivémolo que deixar de lado

pero, nesta "nova normalidade"

tomando as medidas oportunas, 

imos intentar volver a facelo de novo.


Mirade os compromisos aos que fan fronte o noso alumnado.


😊😊

E que ben o fan!!

😊😊





 


  

Ameixa Radio


 E si vos conto que Ameixa Radio tamén está de volta?


Pouco a pouco o noso alumnado comezará a encher 

as ondas de bos momentos grazas 

aos seus chistes

ás súas receitas

ás súas entrevistas...


Non vos perdades o vídeo de presentación 

que creamos para a ocasión.



jueves, 1 de octubre de 2020

Pancho e Flora están de volta!!

 Pancho e Flora están de volta...
 e como non....
traen moitas, moitas NOVIDADES!!


Pero tamén...traen moitas ganas de volver 

recibir a todos os cativos e cativas do cole...iso si...

CON SENTIDIIIIIÑOOOO!!

Velaquí vos deixamos o protocolo que imos ir seguindo para desfrutar tod@s xunt@s da lectura na Biblio:



E pouco a pouco iremos subindo fotiños 
coas novidades que se nos presentan este ano...

Non volas perdades!!