jueves, 27 de febrero de 2025

Febreiro no Equipo de Biblioteca: Innovación, Ciencia e Novas Aventuras Literarias



O mes de febreiro trouxo consigo unha chea de actividades emocionantes na nosa biblioteca, todas elas aliñadas co Obxectivo de Desenvolvemento Sostible (ODS) número 9: “Industria, Innovación e Infraestructuras”. Este obxectivo, que busca promover o progreso tecnolóxico, o acceso á información e o fomento da creatividade, inspirounos a celebrar a Semana da Ciencia e a conmemorar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia (11 de febreiro). 
Durante esta semana, a biblioteca converteuse nun auténtico laboratorio de ideas. Os nosos pequenos científicos e científicas de todos os ciclos e niveis traballaron duro para crear os seus propios experimentos. Despois, compartíronos co resto do alumnado nun espazo especialmente preparado na biblioteca. Foi unha experiencia marabillosa ver como os nenos e nenas explicaban con ilusión os seus “achadegos” e como todos aprendían uns dos outros. A ciencia, a innovación e a curiosidade foron as protagonistas, e demostrámonos que a creatividade non ten límites. 
Pero febreiro non foi só ciencia. Tamén recibimos novas incorporacións literarias que xa están a encantar aos nosos lectores e lectoras: 


  • A colección “Escola de Monstros”: Esta divertida colección está a facer as delicias dos máis pequenos. Con historias cheas de humor e aventuras, os monstros máis simpáticos ensínannos que ser diferente é algo especial, ademais de fomentar a comprensión lectora, a creatividade e valroes como a amizade, o respeto e o compañeirismo.  

  • A colección "Pillota": Unha aposta pola diversión e a aprendizaxe a través de libros interactivos e cheos de sorpresas. Perfecta para que os nenos e nenas descubran o pracer da lectura dun xeito lúdico.  

  • Unha nova colección de libros en lingua inglesa que vai ser unha excelente ferramenta para que os nosos alumnos e alumnas melloren os seus coñecementos noutros idiomas mentres disfrutan de historias emocionantes e ilustracións encantadoras.

A biblioteca segue a ser un espazo vivo, onde a innovación, a cultura e a aprendizaxe se dan a man. Agardamos que estas novas coleccións vos animen a seguir explorando o marabilloso mundo dos libros. E recordade: a ciencia, a lectura e a curiosidade son as chaves para construír un futuro mellor.  

 
¡Seguimos construíndo pontes cara ao coñecemento! 📚✨ 

No hay comentarios:

Publicar un comentario