miércoles, 16 de diciembre de 2015
domingo, 22 de noviembre de 2015
Pitiño Pispín
Os alumnos de primeiro A e B coñecimos á escritora vilagarciá Gloria Sánchez. Traballamos o poema Pitiño Pispín do seu libro de poemas "Rimas con letra".
A nós gustounos moito e agora querémolo compartir con todos vós!
miércoles, 18 de noviembre de 2015
OS PEQUENOS TAMÉN LEMOS
Ola a todos e a todas,hoxe os alumnos de Educación Infantil estivemos lendo este libro:
Gustounos moooiiito e agora queremos recomendalo para ler e tamén debuxar coma fixemos nós.
Gustounos moooiiito e agora queremos recomendalo para ler e tamén debuxar coma fixemos nós.
VÉMONOS PRONTO
martes, 27 de octubre de 2015
OUTONO
A nosa Biblioteca vístese de outono para que ben abrigadiños podades ler contos a moreas. Se vos animades a visitar a Pancho poderedes ler moitos libros sobre esta estación que vos agardan no noso expositor.
miércoles, 7 de octubre de 2015
PANCHO
Esta semana todos queremos coñecer a Pancho. Pancho está sentadiño, agardando, lendo moitos contos para logo contarllos aos nenos e nenas do cole de Carril.
Cando non chova, os titores e titoras daranvos unha tarxeta verde para ir á Biblioteca no recreo... Si!, si! escoitastes ben, agora no recreo tamén podemos aproveitar para o que máis nos gusta: ler libros!
Cando cheguedes á Biblioteca lembrade que Pancho é, ademais da nosa mascota, o gardíán do silencio. Así que shshshshshshshshshs... imos axudar a Pancho.
A nosa mascota
Aínda non vos enterastes? Pois si, na biblioteca do cole de Carril xa temos mascota!
O curso pasado fixemos un concurso para escoller unha. Moitos foron os participantes e todas as mascotas nos gustaban. Foi moi difícil decidir pero, ao final, Pancho foi o personaxe elixido para este labor.
Estas foron as mascotas finalistas:
E Pancho...
Pancho? Pancho? Onde estás?...
Non volo podemos presentar agora porque está lendo e cando Pancho le hai que estar moi caladiños.
Moi prontiño presentarémosvos a Pancho... Agardádenos!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)