miércoles, 29 de noviembre de 2023

25 de Novembro: Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller

Boas de novo! Aquí compartimos as actividades que se levaron a cabo para conmemorar o 25N ao longo da semana. En primeiro lugar, desfrutamos do espectáculo Marta e a Píntega , un contacontos musical para o alumnado de Infantil ata 4º de Educación Primaria.
Os biblioaxudantes de 6º de Primaria fixeron unha selección de contos para traballar esta temática e promover o pensamento crítico.
Dende as titorías fixéronse diversas actividades que se plasmaron nestos murais:
Finalmente, todo o alumnado e profesorado fixo un lazo negro no patio e minuto de silencio.

lunes, 13 de noviembre de 2023

BUZÓN DE SUXERENCIAS

Boas de novo! Pancho e Flora queren ter en conta as recomendacións dos lectores e lectoras do cole e é por iso que inauguramos o noso buzón de suxerencias! A maiores das novas incorporacións á biblioteca queremos darlle unha segunda vida a aqueles libros que xa non ledes, pero que se atopan en bo estado e sexan actuais. A partires do martes 14 de novembro e ata o martes 21 podedes aportar un máximo de dous libros por alumno/a. Graciñas pola colaboración

miércoles, 8 de noviembre de 2023

CONTACONTOS NA BIBLIO

Boas a todos! O 24 de outubro co gallo do Día das Bibliotecas Escolares tivemos a visita da profe Rosa, xa xubilada, que veu de novo á biblio para contarlles un conto aos pequenos do cole, o alumnado de Educación Infantil! Tan ben o pasaron que o 7 de novembro repetimos cun novo conto: Xaime e as Landras. Graciñas, profe Rosa, agardamos que volvas de visita moitas máis veces. Boas lecturas.