jueves, 23 de abril de 2020

Día do Libro - 23 de abril 2020


Este ano tocounos conmemorar o Día do Libro
 dende as nosas casas pero...
non podiamos perder a oportunidade 
de facelo en compañía do nosos alumnado.

Con eles e para eles, 
lanzamos o #retoportadadolibro...
onde cada un de nós...
tivemos que buscar a forma de reproducir unha portada dun dos nosos contos favoritos...
non foi nada sinxelo pero...
a imaxinación das nosas mestras e cativos/as da para moito...

E iste foi o marabilloso resultado!!

Dentro vídeo!




Moitas grazas a todos e todas por participar!!


Pero ademais disto...
a nosa mestra Teresa, da clase de 2º,
maquinou un preciosísimo conto 
só coa axuda dos títulos
 e das portadas dos seus contos favoritos.

Vaia artista! É fermosísimo!

Non perdades a oportunidade de escoitalo!




E como ler cousas bonitas...sempre gusta...

Velaquí vos deixamos un enlace de libros en galego que podedes descargar de maneira gratuita.




domingo, 19 de abril de 2020

Día do libro: #retoportadadelibros


Protagoniza a portada do conto!

Xa queda pouco para conmemorar o Día do Libro 
que será o vindeiro xoves 23 de abril.

Por iso, dende o Equipo de Biblioteca do cole, 
querémosvos propoñer o
#retoportadadelibros.



En que consiste? 

Simplemente tes que escoller un conto/ libro/ álbum ilustrado que che guste, fixarte na portada e intentar recreala...

Para isto...podes disfrazarte, buscar todo tipo de accesorios ( gafas, variñas máxicas, manteis, cadeiras, peluches, bonecas...) 
e incluso pode participar toda a túa familia!!



Cando a teñades preparada, sacade unha foto e mandala ao correo electrónico:

bibliocarril@gmail.com


Animámosvos a tod@s a participar!!


P.D.: E si por si algún de vós...aínda non ten moi claro como vai...velaquí vos deixo un enlace no que poderedes inspirarvos.

Preme no seguinte enlace: reto portada de libros



lunes, 13 de abril de 2020

Recomendacions: Rede Lectura


Bo día lectoriños e lectoriñas,

Ás veces non sabemos moi ben que ler durante estes días, 

chegan a nós un millón de recomendacións lectoras e non se sabe 

moi ben que escoller...

É por iso que, hoxe, gustaríanos compartir con vós 

un espazo onde nos recomendan distintos tipos de lectura 
adaptadas a cada idade.

Esta semana, propóñennos unha chea de contos 
e libros adicados á cociña...

Preme no seguinte enlace e descubre todo un mundo de posibilidades lectoras.






E ti, atréveste a facer algunha 
das receitas
 que che propoñen?

Anímate e mándanos unha foto a:

bibliocarril@gmail.com

miércoles, 8 de abril de 2020

Nova contada: Rata linda de Compostela por Merchi Pimentel




Queredes escoitar, ver, sentir....
unha cousa fermosa, fermosísima??


Pois premede no enlace que vos levará a unha nova contada
por parte da nosa amiga e gran contacontos,
Merchi Pimentel.

Nesta ocasión, cóntanos a historia de 

"Rata linda de Compostela"

** Escrita por Bernardino Graña
** Ilustrado por Manolo Uhía
**e  coa música do Cuarteto Caramuxo e Deolinda.


Non volo podedes perder!!





E si tamén tes madeira de contacontos...

Non o dubides e envíanos a:

bibliocarril@gmail.com

a túa achega!!



sábado, 4 de abril de 2020

Clube de lectura "Os lóstregos"



Dende o clube de lectura do cole “Os lóstregos”,
 a mestra Regi nos achega unha interesantísima actividade.


O libro que estabamos a ler e xa a piques de rematar
(espero o teñades rematado)
 “Cuentos para jugar" de Gianni Rodari, 
conta pequenas historias con tres finais diferentes 
e ao analizalas sempre podiamos relacionalas 
con algunha situación social 
de plena actualidade 
por moi rara que fose a aventura.




Velaquí vai a actividade!!!!!

Actividade aberta a todo o alumnado!
( no só os do club de lectura ;) )

Anímate!!


Que vos parece se sodes autores e non só lectores?

Sigue os pasos que aparecen aquí debaixo
 e verás como che saen historias moi divertidas!!






Cando xa o teñades rematado, enviádelo ao correo da biblio:

bibliocarril@gmail.com

Para que todos e todas poidamos ler 
as historias que nos tendes que contar!

 Poñede a vosa imaxinación a voar!









jueves, 2 de abril de 2020

Día do Libro Infantil e Xuvenil - 2 abril




DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL
2 ABRIL 2020

Como en anos anteriores (aínda que este sexa diferente) o 
IBBY (International board on books for young people) chama á conmemoración do Día do Libro Infantil o 2 de abril, data de nacemento de Hans Christian Andersen, que escribiu contos que moitos/as coñecedes: El patito feoLa sirenitaEl soldadito de plomoEl sastrecillo valiente, La reina de las nieves, La vendedora de fósforos... 



O obxectivo é promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos. 


   
Aínda que a situación é excepcional
non quixemos perder a oportunidade 
de propoñervos distintas opcións para 
pasar este tempo na cada
 coa axuda da lectura.

Premede sobre cada un dos distintos enlaces!

Baía_Edicións_Logo
Campaña "Con vós na casa": Descarga de lecturas para tódalas idades

Catro Ventos
Como liberar o potencial do voso neno: Kit completo de actividades Montessori 0-2 anos

O Papagaio
Campaña "Olla O Papagaio": Descarga de exemplares do xornal

Kalandraka
Contos contados en Kalandraka TV

Kalandraka
Dende o seu grupo A Xanela do Maxín ofrece o video completo da obra: A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza.

Urco
Están a preparar unha serie de ebooks con relatos selectos dos seus títulos máis míticos. Xa tedes algún dispoñible en formato .epub

Aira editorial
Podedes descargar o novo cómic, "Carriandola"




E se ti coñeces algún outro enlace,
que nos axude a achegar
 máis literatura para os nosos peques,
non dubides en dicírnolo a través de:

bibliocarril@gmail.com