martes, 9 de febrero de 2021

 Na biblio de Pancho e Flora estamos de estrea...

Neste segundo trimestre, apostamos pola banda deseña.


Os cómics son unha fantástica ferramenta educativa que nos

 axudarán a promocionar a lectura entre o noso alumnado.


Este tipo de libros aportan múltiples beneficios como:

1. Achegarse á lectura dun modo áxil, divertido, atractivo e visual.

2. Fomentar o hábito lector entre a poboación infantil e xuvenil

3. Axudar a enriquecer o vocabulario grazas a súa rápida asociación coa imaxe.

4. Agudizar o pensamento ao ter que interpretar imaxe + texto.

5. Promover a aprendizaxe de temas moi diversos.

6. Facilitar a concentración, memorización, expresión escrita e oral...

7. Desenvolver a imaxinación e fomentar a creatividade....

8. Servir como fonte de lecer....


Que máis razóns necesitas para achegarte a ler as nosas novas adquisicións??!!??


Agardamos por ti!!







No hay comentarios:

Publicar un comentario