domingo, 9 de febrero de 2020

Celebración día da paz

Este ano, na nosa escola celebramos o
Día da Paz e da Non Violencia Escolar
cun pequeno acto no que
 o alumnado de 6º de primaria nos fixo
 imaxinar como sería vivir nun mundo de paz.



A continuación, todo o alumnado do cole, 
cantou a coro a canción "Imagine" de John Lennon. 

Unha bonita forma de reinvidicar 
a necesidade de vivir nun mundo de paz.

E aínda que tiñamos preparada unha 
carreira solidaria en favor de "Save the Children"
tivemos que pospoñela por culpa da choiva.

Ameixa Radio, quixo facerse eco de todo isto
 e por iso preparou este bonito programa 
onde aparecen como presentadores: 
Noelia e Jose Luis ( alumnado de 5º EP) 
e onde tamén se recolle unha 
doce poesía gravada polo 
alumnado de 5 anos da aula da mestra Regina.

Non volo podedes perder!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario