"O Carballo con Botas" do escritor, contacontos e ecopacifista galego,
Anxo Moure.
Anxo Moure.
Unha bonita historia que nos fai reflexionar sobre a importancia da prevención dos incendios forestais e dos coidados á natureza.
Con este motivo cada clase, aproveitou para prantar unha semente de carballo ( unha landra) nunha bota e así crear cada quen o seu propio "Carballo con botas" co que despois adornaremos o noso patio.
Como gran final a esta semana de actividades...tivemos unha visita moi, moi especial... O escritor Anxo Moure, pasou a mañá con todo o noso alumnado e nos estivo a contar un montón de historias...
E xa como broche de ouro a esta bonita xornada, puidemos degustar unhas ricas castanas e boliños preñados para celebrar todos e todas xuntos o Magosto.
Unha estupenda xornada onde todos e todas puidemos disfrutar dun graciosísimo contacontos pero... mellor que eu seguro que volo contan os máis cativos do cole grazas ás entrevistas que lles fixeron @s nos@s radioreporteir@s de Ameixa Radio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario