viernes, 16 de mayo de 2025

🔬🧪 A ciencia chegou á biblioteca con "Encarrilados na ciencia"!

Este trimestre, a nosa biblioteca transformouse nun auténtico laboratorio! Grazas á

colaboración co Equipo de Voz Natura do centro, acollimos varias sesións de

experimentos científicos incluídos no proxecto "Encarrilados na ciencia”.

Esta iniciativa nace co obxectivo de achegar a ciencia ao alumnado dun xeito lúdico

e participativo, fomentando a curiosidade, a observación e o pensamento crítico.

Cada trimestre, os diferentes ciclos de alumnos do centro

tiveron a oportunidade de desenvolver un experimento adaptado á súa idade e

intereses.

Durante estas sesións, os nenos e nenas convertéronse en verdadeiros pequenos

científicos: formularon hipóteses, manipularon materiais e descubriron, con moita

ilusión, os segredos que agocha a ciencia cotiá. A biblioteca converteuse nun

espazo dinámico onde “aprender facendo” foi a clave.

📸 Aquí vos deixamos algunhas imaxes das experiencias vividas, que amosan o

entusiasmo do noso alumnado e a riqueza destas actividades tan especiais.

 



No hay comentarios:

Publicar un comentario