domingo, 27 de octubre de 2024
Mochilas viaxeiras
Boas de novo!
Aproveitando o Día das Bibliotecas Escolares, Pancho e Flora decidiron poñer en marcha as mochilas viaxeiras cara os fogares de todos os nenos do cole.
Que teñades boas lecturas!
Día das Bibliotecas
Boas de novo!
O 24 de Outubro celébrase o Día das Bibliotecas Escolares e como non podía ser doutro xeito a biblioteca de Pancho e Flora foi lugar de acollida para unha foliada con integrantes do Coro de Carril.
A mestra Pilar Garrido visitou o noso cole para cantar a foliada de Carril, a saia da carolina, o coro da fala e moitas máis cantigas que fixeron que nesta data tan especial a biblioteca estivese chea de música e tradición.
Podedes atopar máis información desta actividade na nosa páxina de Instagram e na web do centro.
viernes, 20 de septiembre de 2024
Presentación da temática deste curso
Boas a todos e a todas de novo!
Este ano o proxecto da nosa Biblioteca tratará sobre os obxectivos de Desenvolvemento Sustentable.
Os obxectivos de desenvolvemento sustentable son unha lista de 17 prioridades globais adoptadas pola Organización das Nacións Unidas
(ONU) e polos países que a forman. O que se busca con estes é:erradicar a pobreza, protexer o planeta e asegurar a prosperidade para todos e todas.
Ao longo deste curso iremos vendo como podemos incorporar estos obxectivos na nosa vida e contribuir ao seu cumprimento.
Todos xuntos deixamos pegada!
viernes, 21 de junio de 2024
Recmendacións lectoras para o verán
Chegaron as vacacións de verán e con elas máis tempo libre para ler!
Recordade...os libros son os mellores compañeiros de viaxe!
Pancho e Flora decidiron deixarvos tamén algúns xogos para seguir compartindo tempo en familia estemos onde estemos.
Bo verán a todos e todas!
jueves, 23 de mayo de 2024
Estrenamos bancos de lectura!
Boas de novo>!
Como veríades en publicacións anteriores, agora tempos novos recunchos de lectura no patio, varios bancos de cores que estrenamos no Día do Libro e foron todo un éxito entre o alumnado! Aquí vos deixamos algunhas imaxes.
lunes, 29 de abril de 2024
martes, 23 de abril de 2024
Vídeo Bookface
Compartimos con vós o resultado do Bookface, a actividade proposta para conmemorar o Día do Libro.
Moitas gracias pola vosa colaboración. Agardamos que vos guste!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)












