viernes, 16 de mayo de 2025

📰🦜 Xa chegou á biblioteca o novo número do Papagaio!

 A nosa biblioteca xa ten dispoñible a última edición do xornal Papagaio,

unha publicación ilustrada pensada especialmente para a xente miúda con

 ganas de saber, rir e descubrir.

 O Papagaio é un xornal que nos acompaña dende hai anos e que segue a
 sorprendernos número tras número cunha combinación de humor, curiosidades 
e actualidadesempre posta ao servizo das lectoras e lectores máis novos. Nel
 podemos atopar noticias sobre ciencia, cultura, natureza, deporte e moito
 máis, con especial atención ao que acontece en Galicia.

É unha ferramenta fantástica para ler en galego con pracer, fomentar o espírito

 crítico e manterse informado dun xeito entretido.

📚 Achegádevos á biblioteca e botádelle unha ollada ao novo número.

Seguro que atopades algo que vos sorprende, vos fai rir ou vos dá que pensar.

rque estar informados tamén pode ser divertido… sobre todo se é da man do Papagaio! 🦜💬



 

 

🔬🧪 A ciencia chegou á biblioteca con "Encarrilados na ciencia"!

Este trimestre, a nosa biblioteca transformouse nun auténtico laboratorio! Grazas á

colaboración co Equipo de Voz Natura do centro, acollimos varias sesións de

experimentos científicos incluídos no proxecto "Encarrilados na ciencia”.

Esta iniciativa nace co obxectivo de achegar a ciencia ao alumnado dun xeito lúdico

e participativo, fomentando a curiosidade, a observación e o pensamento crítico.

Cada trimestre, os diferentes ciclos de alumnos do centro

tiveron a oportunidade de desenvolver un experimento adaptado á súa idade e

intereses.

Durante estas sesións, os nenos e nenas convertéronse en verdadeiros pequenos

científicos: formularon hipóteses, manipularon materiais e descubriron, con moita

ilusión, os segredos que agocha a ciencia cotiá. A biblioteca converteuse nun

espazo dinámico onde “aprender facendo” foi a clave.

📸 Aquí vos deixamos algunhas imaxes das experiencias vividas, que amosan o

entusiasmo do noso alumnado e a riqueza destas actividades tan especiais.

 



jueves, 8 de mayo de 2025

Episodio especial de Ameixa Radio

 Compartimos con vós o episodio especial de Ameixa Radio que presentamos aos premios José Hermida da cadena SER. Non fomos premiados na final polo xurado, pero sí recibimos  o recoñecemento da emisora polo gran labor e traballo realizado polo alumnado de 6º todas as mañás amenizando as entrdas do cole e fomentando así a radio, a comunicación, o traballo en equipo, a creatividade, a información e o pensamento crítico.




lunes, 5 de mayo de 2025

Lerflix

 Aquí vos compartimos as recomendacións literarias de todos os nenos e nenas de Carril, os libros que máis nos gustan a todos e que decidimos incluir no noso propio Lerflix do cole.


Fai click na imaxe para poder descubrilo!