viernes, 23 de abril de 2021

Día do Libro

 

Como cada 23 de abril, na nosa escola e máis especialmente dende a

 Biblioteca de Pancho e Flora,

gústanos render homenaxe aos nosos compañeiros de viaxe... 

OS LIBROS.


Neste ano tan estrano onde poucas festas e xuntanzas se poden facer...

Decidimos convocar unha gran reunión,

 unha reunión onde puidesen coincidir moitas das personaxes dos nosos contos favoritos...

Unha reunión onde Wallie podera falar con Tintín, onde Naruto se atopara con Simón, o coelliño da nosa horta... Ou Harry Potter e Hermione Granger puideran ter unha amigable conversa con Carapuchiña Vermella. 

Pero...se non me credes...ollade o seguinte vídeo

 e veredes que NON ESTOU A MENTIR!




No hay comentarios:

Publicar un comentario