jueves, 26 de marzo de 2020

Kalandraka TV - Contos contados


Sen lugar a dúbidas, 
KALANDRAKA é unha das nosas
 editoriais favoritas do mundo enteiro!

E isto Pancho e Flora, sábeno moi ben 
e por iso a nosa biblio está chea de 
fermosísimos albumes ilustrados desta editorial.

Kalandraka naceu alá polo ano 1998,
en Pontevedra,  
co obxectivo de publicar obras literarias
de calidade estética e literaria 
destinadas á literatura infantil e xuvenil
en galego.

Actualmente, traballa en distintos idiomas: galego, castelán, catalán, euskera, portugués, italiano e inglés.

Pero este bonito proxecto non só se adica 
a crear preciosísimos albumes ilustrados 
senón que tamén adapta contos tradicionais
recupera clásicos da literatura infantil e xuvenil 
de tódolos tempos.

Ademais, fai xa uns anos incorporou un  proxecto de 
contos adaptados con pictogramas
en colaboración coa Asociación BATA.

E como non, son xeniais!

(Preme na imaxe para velos)



Por todo isto e moito máis...gañou numerosos premios, sendo o Premio Nacional a la Mejor Labor Editorial en 2012,
un dos máis importantes.



Como non podería ser doutra maneira, para estes días...
Kalandraka sorprendeunos cunha 
sección na súa canle de "Kalandraka TV"
que se chama "Contos contados",
que de seguro vos gustará tanto como a nós.

Que o disfrutedes!

(Preme na imaxe para acceder aos contos contados)






E por si che pica a curiosidade...
Tamén poderedes ver os numerosos booktrailers 
de moitos dos seus títulos.




No hay comentarios:

Publicar un comentario