jueves, 24 de octubre de 2019

Día da Biblioteca




O día 24 de outubro é o Día da Biblioteca no noso país, 
e adícase especialmente ao público infantil e xuvenil.

Dende o ano 1997 a Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e xuvenil
promove a celebración deste día como data para rememorar
 a destrucción da Biblioteca de Sarajevo, a cal incendiouse 
no ano 1992 durante o conflicto balcánico.



Dende a nosa escola, neste día quixemos celebralo decorando a nosa pequena Biblioteca con motivos terroríficos propios deste tempo de modo que motiven ao noso alumnado a achegarse un pouquiño máis a este espazo.

Ademáis, fixemos unha selección de títulos que encaixan á perfección con estas datas!

Esperamos que vos gusten!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario