miércoles, 7 de octubre de 2015

A nosa mascota

Aínda non vos enterastes? Pois si, na biblioteca do cole de Carril xa temos mascota!
O curso pasado fixemos un concurso para escoller unha. Moitos foron os participantes e todas as mascotas nos gustaban. Foi moi difícil decidir pero, ao final, Pancho foi o personaxe elixido para este labor. 

Estas foron as mascotas finalistas:




 


E Pancho...
 Pancho? Pancho? Onde estás?...

Non volo podemos presentar agora porque está lendo e cando Pancho le hai que estar moi caladiños.

Moi prontiño presentarémosvos a Pancho... Agardádenos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario