Pancho e Flora teñen, na nosa biblioteca, unha chea de contos que nos recordan o importante que é o respeto, a responsabilidade, a solidariedade e a convivencia.
Os compañeiros e compañeiras de 2º tamén nos deixan un mural no seu corredor. Desta vez, o deporte que traballaron, foi o atletismo e os seus valores. Tomade nota!
Os pequenos e pequenas de 1º xa nos fixeron o seu mural sobre o deporte que traballaron. Quedoulles moi bonito, e ademais, se levantamos as pelotas de tenis aprendemos cousiñas deste deporte. Pasade polo corredor a velo.