Os compañeiros e compañeiras de 2º tamén nos deixan un mural no seu corredor. Desta vez, o deporte que traballaron, foi o atletismo e os seus valores. Tomade nota!
Os pequenos e pequenas de 1º xa nos fixeron o seu mural sobre o deporte que traballaron. Quedoulles moi bonito, e ademais, se levantamos as pelotas de tenis aprendemos cousiñas deste deporte. Pasade polo corredor a velo.
POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR é o lema proposto para este curso 2018-19 para as bibliotecas escolares. Velaí o cartel deste ano que fixo a ilustradora Nuria Díaz.
Hoxe 24 de outubro, Día das Bibliotecas, no noso cole quixemos encher tamén o patio de poesía. O alumnado que quixo, puido desfrutar da lectura de poemas nese momento de ocio.