Comezamos o mes de maio, o mes das letras. Este ano, o Día das Letras Galegas está dedicado a María Victoria Moreno. Busca na nosa biblio os seus libros.
Onte visitou o noso cole o músico Servando Barreiro. Co seu acordeón, levounos de viaxe polo Miño para coñecer ás xacias, ao trasno Zaín, á pinguiña Sabela... e, para lembrarnos tamén, que non debemos contaminar os nosos ríos.