lunes, 2 de diciembre de 2024

Nadal solidario

Pancho e Flora nos traen unha proposta para ter un Nadal máis solidario.

A semana do 9 ao 13 de decembro levarase a cabo unha recollida de alimentos non perecedoiros.  O que máis se necesita son ovos, aceite, legumes, arroz, leite, ou produtos enlatados.

Os nenos e nenas poden deixar a súa doazón na aula de Relixión Evanxélica de 9:00 a 9:15. 

Todos xuntos deixamos pegada! 




sábado, 30 de noviembre de 2024

O mes de Novembro na Biblio

Novembro no cole de Carril estivo marcado polo Obxectivo de Desenvolvemento Sustentable que escollemos para este mes: Igualdade de Xénero. Aproveitando a conmemoración do 25N (Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller) desenvolvimos unha chea de iniciativas ao redor dos valores de igualdade que podedes ver a continuación. 

Comezando pola proposta que dende a colección da nosa biblioteca temos para ofrecer sobre a temática da igualdade de xénero. No expositor da biblio os nenos e nenas do colexio tiveron unha morea de libros destacados coma os que vos deixamos por aquí.

Seguimos coa gravación do posdcast que mensualmente cada nivel estará realizando relacionado con cada ODS. Este mes foron os alumnos e alumnas de 3º de Primaria os encargados de levar o timón e temos que dicir que o resultado quedou ben xeitoso! 

Por outra banda, en sexto de Primaria participaron da man de Aquelar Sexoloxía nun obradoiro sobre violencia de xénero no que traballaron os estereotipos de xénero, a violencia machista en todas as súas formas así como actitudes machistas do día a día sobre os que puidemos reflexionar. Se queredes saber máis sobre esta actividade, botádelle un ollo ao Instagram do colexio en "ceiprosalia_carril". 

A continuación destacamos a actividade que argallaron dende o Equipo de Igualdade do centro para celebrar o 25 de novembro: un "cover" da canción La puerta violeta de Rozalén pero en Lingua de Signos Española! Entrade na páxina web do centro para poder velo! 

Por último destacamos outras accións coma o mural de "La puerta violeta" nun dos corredores do colexio, o "buzón violeta" ou outras actividades desenvoltas a nivel de aula que tamén nos axudaron a visibilizar e tomar conciencia da Igualdade de Xéneros.

Nada máis polo de agora! Despedímonos ata o vindeiro mes de decembro! Avur!

viernes, 15 de noviembre de 2024

Genially dos ODS

Boas de novo!
Se premedes AQUÍ vos deixamos o Genially dos ODS onde podedes consultar os episodios mensuais de Ameixa Radio e todo o que estamos aprendendo. No mes de outubro centrámonos no ODS número 3: saúde e benestar e neste mes de novembro imos abordar a temática da igualdade de xénero. Vémonos axiña!

martes, 29 de octubre de 2024

Estreamos Bibliopatio!

Boas de novo! Este mes de outubro estrenamos o Bibliopatio nos recreos! É un carriño viaxeiro que contén libros, cómics e xogos para todo o alumnado e que está xestionado polos Biblioaxudantes de 5º e 6º. Tivo moi boa acollida, desfrutamos das lecturas e xogos co bo tempo e dinamizamos o noso patio! Vémonos deseguido!

domingo, 27 de octubre de 2024

Mochilas viaxeiras

Boas de novo! Aproveitando o Día das Bibliotecas Escolares, Pancho e Flora decidiron poñer en marcha as mochilas viaxeiras cara os fogares de todos os nenos do cole. Que teñades boas lecturas!

Día das Bibliotecas

Boas de novo! O 24 de Outubro celébrase o Día das Bibliotecas Escolares e como non podía ser doutro xeito a biblioteca de Pancho e Flora foi lugar de acollida para unha foliada con integrantes do Coro de Carril. A mestra Pilar Garrido visitou o noso cole para cantar a foliada de Carril, a saia da carolina, o coro da fala e moitas máis cantigas que fixeron que nesta data tan especial a biblioteca estivese chea de música e tradición. Podedes atopar máis información desta actividade na nosa páxina de Instagram e na web do centro.

viernes, 20 de septiembre de 2024

Presentación da temática deste curso

Boas a todos e a todas de novo! Este ano o proxecto da nosa Biblioteca tratará sobre os obxectivos de Desenvolvemento Sustentable. Os obxectivos de desenvolvemento sustentable son unha lista de 17 prioridades globais adoptadas pola Organización das Nacións Unidas (ONU) e polos países que a forman. O que se busca con estes é:erradicar a pobreza, protexer o planeta e asegurar a prosperidade para todos e todas. Ao longo deste curso iremos vendo como podemos incorporar estos obxectivos na nosa vida e contribuir ao seu cumprimento. Todos xuntos deixamos pegada!