O alumnado de 3º tamén fixo o seu mural e ben bonito que lles quedou. O tema elexido foi "Mulleres nos Xogos Olímpicos".
jueves, 23 de mayo de 2019
viernes, 17 de mayo de 2019
LETRAS GALEGAS 2019
Este ano o Día das Letras Galegas adícaselle a
Antonio Fraguas Fraguas. Este escritor, historiador, antropólogo e etnógrafo, escribiu unha chea de libros e artigos nos que defendía a cultura galega.
No cole fíxemos o noso acto de celebración desta data tan importante. Os máis pequenos leron unhas cantigas, os maiores faláronnos da vida deste escritor e a profe Malena co alumnado de 5º puxo a nota musical.
Botádelle un ollo ás fotos e fixádevos nos divertidos bailes de tranca que crearon os nenos e nenas de 1º.
jueves, 9 de mayo de 2019
VISITA IAGO LÓPEZ
A semana pasada os peques do cole, Ed. Infantil, 1º e 2º, tiveron a visita de Iago López. Contoulles o seu conto O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas. Atoparíanas? Teremos que preguntarlles.
miércoles, 8 de mayo de 2019
XORNADAS DEPORTIVAS
Como este curso Viaxamos co xogo e o deporte, non podiamos rematar sen unhas xornadas deportivas. Grazas ao profesorado e alumnado do ciclo superior de Actividades Deportivas TAFAD, os nosos peques pasaron un par de mañás ben divertidas.
O noso agradecemento a estes futuros profesionais que o deron todo. O resultado non nos puido gustar máis! Agardamos que queiran repetir a súa visita en vindeiros cursos.
Botádelle un ollo ás fotos na páxina do cole. Aquí deixámosvos un vídeo do final da xornada para que vexades como disfrutamos.
martes, 7 de mayo de 2019
LECTURA DUNHA CHEA DE CONTOS
A semana pasada, o noso alumnado, escolleu no corredor o conto que máis lle apetecía. Este luns fórono escoitar aos distintos espazos que temos polo cole. Gustaríalles? Agardamos que si!
jueves, 2 de mayo de 2019
UNHA CHEA DE CONTOS
miércoles, 24 de abril de 2019
DÍA DO LIBRO
O 23 de abril celébrase o Día do Libro, e no noso cole, como ven sendo habitual, saímos fóra das aulas a ler. Este ano a chuvia non nos deixou desfrutar das lecturas no patio, pero as escaleiras e os corredores servíronnos, pois calquera sitio é bo se temos ganas de ler.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)












