Esta semana no corredor do noso cole apareceu un listado de contos. Os nenos e nenas escollerán o que máis lles gusta para que llo conten o luns da vindeira semana. Quen? Sorpresa!!
O 23 de abril celébrase o Día do Libro, e no noso cole, como ven sendo habitual, saímos fóra das aulas a ler. Este ano a chuvia non nos deixou desfrutar das lecturas no patio, pero as escaleiras e os corredores servíronnos, pois calquera sitio é bo se temos ganas de ler.
Á biblioteca de Pancho e Flora chegaron algunhas novidades. Son uns libros preciosos, con moitas imaxes, que lle van gustar especialmente aos amantes da natureza. Buscádeos no noso expositor.
O alumnado de 6º de E.I. lémbranos no mural do seu corredor a moitas das mulleres que destacaron no mundo do deporte. Botádelle un vistazo xa veredes cantas hai!!
O alumnado de E.I. tivo esta semana a visita da escritora Celtia Figueiras, que é a autora das letras do libro-CD Cantamos? de Luis Vallecillo. Podédelo atopar na biblioteca.
O 21 de marzo é o Día Mundial da Síndrome de Down. Desde o noso cole sumámonos a esta celebración con calcetíns diferentes.
Ademais, xa temos dispoñible na nosa biblio o libro "Pepita es especial" que nos lembra queas persoas con esa condición cromosómica fan unha vida normal, son moi felices e fan felices aos que os rodeamos.