miércoles, 24 de abril de 2019

DÍA DO LIBRO

O 23 de abril celébrase o Día do Libro, e no noso cole, como ven sendo habitual, saímos fóra das aulas a ler. Este ano a chuvia non nos deixou desfrutar das lecturas no patio, pero as escaleiras e os corredores servíronnos, pois calquera sitio é bo se temos ganas de ler.



jueves, 11 de abril de 2019

NOVIDADES NA BIBLIOTECA

Á biblioteca de Pancho e Flora chegaron algunhas novidades. Son uns libros preciosos, con moitas imaxes, que lle van gustar especialmente aos amantes da natureza. Buscádeos no noso expositor.


lunes, 8 de abril de 2019

O DEPORTE E A MULLER

O alumnado de 6º de E.I. lémbranos no mural do seu corredor a moitas das mulleres que destacaron no mundo do deporte. Botádelle un vistazo xa veredes cantas hai!!

jueves, 4 de abril de 2019

VISITA CELTIA FIGUEIRAS

O alumnado de E.I. tivo esta semana a visita da escritora Celtia Figueiras, que é a autora das letras do libro-CD Cantamos? de Luis Vallecillo. Podédelo atopar na biblioteca.










jueves, 28 de marzo de 2019

SEMANA DA PRENSA

Na semana da prensa o noso alumnado fixo distintas actividades. Deixámosvos as fotos dos traballos dos máis pequenos.
Alumnado de 5º de E.I.

Alumnado de 6º de E.I.

jueves, 21 de marzo de 2019

21 DE MARZO

O 21 de marzo é o Día Mundial da Síndrome de Down. Desde o noso cole sumámonos a esta celebración con calcetíns diferentes.
Ademais, xa temos dispoñible na nosa biblio o libro "Pepita es especial" que nos lembra que as persoas con esa condición cromosómica fan unha vida normal, son moi felices e fan felices aos que os rodeamos.







jueves, 14 de marzo de 2019

NOVIDADES NA BIBLIO

Chegaron algunhas novidades á biblioteca que seguro que son do voso interese. 
Hai para todos os gustos. Botádelles un vistazo!