O 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía. No cole estivemos traballando os seus poemas; podedes ver os resultados no blog do EDLG Pereira de lobos. E se pasades pola biblioteca, atoparedes este libriño escrito por Helena Villar Janeiro e ilustrado por Ánxeles Ferrer, que nos conta, de xeito moi sinxelo, a interesante vida desta escritora.
Pancho e Flora teñen, na nosa biblioteca, unha chea de contos que nos recordan o importante que é o respeto, a responsabilidade, a solidariedade e a convivencia.
Os compañeiros e compañeiras de 2º tamén nos deixan un mural no seu corredor. Desta vez, o deporte que traballaron, foi o atletismo e os seus valores. Tomade nota!
Os pequenos e pequenas de 1º xa nos fixeron o seu mural sobre o deporte que traballaron. Quedoulles moi bonito, e ademais, se levantamos as pelotas de tenis aprendemos cousiñas deste deporte. Pasade polo corredor a velo.