Resolvestes todas as adiviñas? Seguro que si! Pero, tal e como prometemos, aquí vos quedan as solucións por se tiñades dúbidas con algunha.
lunes, 30 de octubre de 2017
lunes, 23 de octubre de 2017
DÍA DAS BIBLIOTECAS
Cada 24 de outubro, conmemórase o Día da Biblioteca.
"Aprender a pensar coa biblioteca escolar" é o lema escollido por parte da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para o curso 2016/17.
Pois imos logo pensar un pouquiño. Propoñémosvos unhas adiviñas a ver se atopades a solución. A vindeira semana buscade a solución na entrada do noso blog.
lunes, 16 de octubre de 2017
O ABECEDARIO
Continuando co noso curso musical, esta semana deixámosvos unha entrada coa canción de Magín Blanco para que repasedes o abecedario. Iso si, a ritmo de música.
miércoles, 11 de octubre de 2017
MOCHILAS VIAXEIRAS
Xa estamos preparando as mochilas viaxeiras.
Este curso todas as clases de todos os niveis van ter a sùa, e irémola pasando entre todos os nenos e nenas da aula para que as lecturas, ao igual que o outono, cheguen a todas as casas.
Ven onda nós o outono
dacabalo do aire;
nos camiños da fraga
os ourizos xa abren.
Síntoo chegar contento
da eterna viaxe
enredando entre as follas, estreando friaxe.
dacabalo do aire;
nos camiños da fraga
os ourizos xa abren.
Síntoo chegar contento
da eterna viaxe
enredando entre as follas, estreando friaxe.
Ana María Fernández
miércoles, 4 de octubre de 2017
POEMAR O MAR
O Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil correspondeulle este ano á obra "Poemar o mar", un libro de poemas escrito por Antonio García Teijeiro e ilustrado por Xan López.
Parabéns ao autor, e lembrade que temos exemplares na nosa biblioteca por se o queredes ler.
miércoles, 27 de septiembre de 2017
Novo curso!!
O curso comezou, pero a nosa biblioteca está en obras. Están durando un poco máis do agardado, pero seguro que a espera merece a pena.
E se o curso pasado "Viaxamos coas cores", preparádevos, porque o proxecto deste ano vai ser...
"Viaxando coa música"
Así que, unha boa maneira de comezar, vai ser escoitando o conto musicado "Loboferoz". Está escrito por Patacrúa e ilustrado por Chené. Desfrutádeo!!!
miércoles, 12 de julio de 2017
MURO
Pincelada a pincelada fomos enchendo de cores este anaquiño de muro do noso patio.
O esforzo mereceu a pena; quedounos moi, moi bonito. Os que aínda non o vistes botádelle un ollo ás fotos que aquí vos deixamos.
Pasade un bo verán navegando por un mar de veleiros e contos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)








