martes, 24 de mayo de 2016
Hansel e Gretel
Os nenos e nenas de 5ºA compartiron un conto moi especial cos máis peques do cole: Hansel e Gretel. Os compañeiros/as de 3 anos estiveron ben atentos durante todo o conto. E vós... xa sabedes o que lles sucedeu a Hansel e Gretel? Sempre podedes preguntarllo aos amigos e amigas de 5º.
miércoles, 18 de mayo de 2016
Visita de 1º A e 1º B á biblioteca de Carril
O día 4 de maio, os nenos e nenas de 1º A e 1º B visitaron a biblioteca de Carril. Foi unha xornada moi entretida na que escoitaron e vivenciaron un conto e ata tiveron de agasallo un globo. Aquí vos deixamos o video para que vexades canto se divertiron nesta actividade de fomento da lectura.
martes, 10 de mayo de 2016
As normas de Pancho e Flora
· Falamos baixiño, con "voz
de biblioteca"
·
Entramos sen comida e sen bebida.
·
Coidamos todo o que hai.
·
Deixamos todo ordenado antes
de marchar.
de marchar.
·
Podemos levar un libro para casa
durante 15 días.
durante 15 días.
· Se perdemos ou estragamos un libro
debemos repoñelo.
debemos repoñelo.
A biblioteca é de todos/as... Disfrutémola!!
Esperámosvos cos libros abertos!!


Lembra que na Biblioteca de Pancho e Flora podes…
Tamén temos historias de amor
Os compañeiros e compañeiras de 5º B agasallaron aos máis peques do cole (3 anos) co conto "Romeo y Julieta" que prepararon con moito agarimo. Ademais prepararon un final ben distinto ao que coñecemos.
Esta foi, sen dúbida, unha moi boa adaptación da obra orixinal!
Moitas grazas aos participantes por compartires connosco esta experiencia.
Esta foi, sen dúbida, unha moi boa adaptación da obra orixinal!
Moitas grazas aos participantes por compartires connosco esta experiencia.
martes, 3 de mayo de 2016
martes, 26 de abril de 2016
UN MES CHEO DE SORPRESAS
Abril, ademáis da celebración do Día do Libro, non deixa de achegarnos sorpresas. Neste mes tamén festexamos a I Semana Do Cine
Lembrade que na Biblio agárdanvos una morea de libros das vosas películas preferidas.
Lembrade que na Biblio agárdanvos una morea de libros das vosas películas preferidas.
domingo, 24 de abril de 2016
Día do Libro
DÍA DO LIBRO
Con motivo do Día do Libro, os de 3º, saímos a ler un anaquiño fóra. Deixámosvos algunhas fotos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)










