domingo, 24 de abril de 2016

O patiño feo

Os nenos e nenas de 3ºA, con motivo do Día do Libro, interpretaron para o alumnado de 1ºB o conto do patiño feo. Foron uns actores e unhas actrices estupendas! Aquí vos deixamos algunhas fotos do gran momento. Ata remataron bailando a Macarena!









Unha Carapuchiña Vermella moi especial

Os nenos e nenas de 1º B, para celebrar o Día do Libro, leron aos compañeiros/as de 4 anos un conto moi especial: "Caperucita roja". Logo da actividade, ademais, repartiron a cada oínte 3 personaxes do conto coloreados por eles mesmos. Canto traballaron!
Tamén compartiron a lectura co alumnado de 3ºA. E, ademais, o conto gardaba agochadiña unha gran sorpresa: o conto de Carapuchiña non era como nolo contaron sempre! Descubrimos que o lobo, ao final da historia, fíxose amigo da avoíña e ata comeron tarta. Pero mellor escoitade como o contan eles...




miércoles, 6 de abril de 2016

NOVIDADES

Temos grandes novidades! Cambiamos o mobiliario. Aínda non o viches? Moitos xa viñeron... Non sexas o último!










martes, 5 de abril de 2016

CONTANDO CONTIÑOS

Hoxe os nosos amigos e amigas de 5º de Educación Infantil - B visitaron a Biblioteca, como cada semana, e traballaron co conto "El vampiro debilucho". Estiveron moi atentos e seguro que o noso ratiño, Pancho, agradeceu moito o ben que se portaron. Ata nos recitaron un contiño!!!







martes, 29 de marzo de 2016

GRAZAS!!!

Pancho, a nosa mascota da Biblioteca, e a súa curmá Flora, adornan os corredores do colexio.
Grazas a todos e todas pola vosa colaboración.

martes, 23 de febrero de 2016

Atención!, atención! Temos visita!

NENOS E NENAS
VOUVOS CONTAR,
TEMOS VISITA
DA MIÑA CURMÁ.
 
CHÁMASE FLORA
E QUERE QUEDAR,
UNHA BOA TEMPADA
PARA LER E XOGAR.
 
VIDE ATA A BIBLIO
A COÑECELA,
PARA PASALO BEN
COMIGO E CON ELA.


 

miércoles, 3 de febrero de 2016

Agardado que chegue o Entroido

O noso amigo Pancho está agardando que chegue o Entroido. Seguro que vós tamén!
Xa que este ano nos disfrazamos dos países do mundo, lembrade que na Biblioteca do cole temos moitos libros sobre distintos países para ler un montón de curiosidades. E ata temos algúns libros de disfraces.
Botádelle unha ollada ao noso expositor.




Pero Pancho non se conforma con agardar na Biblioteca a que o visitedes, xa estivo axexando polas aulas para ver como preparabades o Entroido. E... ata se animou a probar algún disfrace. Mirade que guapo!