jueves, 21 de diciembre de 2017

LECTURAS PARA O NADAL

Entre festas, agasallos e comilonas, seguro que atopades tempo para ler nalgún momento.
FELICES FESTAS E FELIZ 2018!!







domingo, 26 de noviembre de 2017

AMENEIRO

Como neste curso Viaxamos coa música no cole, que mellor forma de facelo que cunha charla que nos veu dar un dos músicos da zona, Xosé Ameneiro.
Falounos e tocounos  instrumentos tradicionais de percusión, vento e corda e incluso algúns profes e alumnos/as se atreveron a acompañalo. Pasamos un anaco agradable e xa sabemos un pouquiño  máis da nosa música. Grazas!


lunes, 20 de noviembre de 2017

XORNAL PAPAGAIO

Este ano subscribímonos ao xornal Papagaio.
Xa chegaron os exemplares de outubro e novembro.
Buscádeos cada mes no expositor da biblio.



martes, 7 de noviembre de 2017

INAUGURACIÓN BIBLIO

E por fin... chegou o gran día!
Inauguramos un novo espazo para a nosa biblioteca!
Agora é de cor azul, ten   novo mobiliario e moito máis sitio para perdernos nos centos de aventuras que agochan para nós os libros.
Para celebralo, Merchi, a nosa contacontos preferida, escenificounos marabillosamente ben o conto "A voda do galo Pinto", que ademais de divertido ten unha interesante e importante mensaxe.
Podedes ver o conto e as fotos do acto nos seguintes vídeos.


lunes, 6 de noviembre de 2017

MOCHILAS VIAXEIRAS

MOCHILAS LISTAS!!
Ao longo do curso irédelas levando para descubrir novos libros que esperamos que vos gusten moito. Non esquezades traelas de volta nos prazos establecidos para que dea tempo a que as disfrute todo o alumnado.







lunes, 30 de octubre de 2017

SOLUCIÓNS ADIVIÑAS

       Resolvestes todas as adiviñas? Seguro que si! Pero, tal e como prometemos, aquí vos quedan as solucións por se tiñades dúbidas con algunha.






lunes, 23 de octubre de 2017

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Cada 24 de outubro, conmemórase o Día da Biblioteca.
"Aprender a pensar coa biblioteca escolar" é o lema escollido  por parte da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para o curso 2016/17.


Pois imos logo pensar un pouquiño. Propoñémosvos unhas adiviñas a ver se atopades a solución. A vindeira semana buscade a solución na entrada do noso blog.











lunes, 16 de octubre de 2017

O ABECEDARIO

Continuando co noso curso musical, esta semana deixámosvos unha entrada coa canción de Magín Blanco para que repasedes o abecedario. Iso si, a ritmo de música.



miércoles, 11 de octubre de 2017

MOCHILAS VIAXEIRAS

Xa estamos preparando as mochilas viaxeiras.
Este curso todas as clases de todos os niveis van ter a sùa, e irémola pasando entre todos os nenos e nenas da aula para que as lecturas, ao igual que o outono, cheguen a todas as casas.


Ven onda nós o outono
dacabalo do aire;
nos camiños da fraga
os ourizos xa abren.
Síntoo chegar contento
da eterna viaxe
enredando entre as follas, estreando friaxe.

Ana María Fernández




miércoles, 4 de octubre de 2017

POEMAR O MAR



O Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil correspondeulle este ano á obra "Poemar o mar", un libro de poemas escrito por Antonio García Teijeiro e ilustrado por Xan López.
Parabéns ao autor, e lembrade que temos exemplares na nosa biblioteca por se o queredes ler.


miércoles, 27 de septiembre de 2017

Novo curso!!

O curso comezou, pero a nosa biblioteca está en obras. Están durando un poco máis do agardado, pero seguro que a espera merece a pena.

E se o curso pasado "Viaxamos coas cores",  preparádevos, porque o proxecto deste ano vai ser...

"Viaxando coa música"

Así que, unha boa maneira de comezar, vai ser escoitando o conto musicado "Loboferoz". Está escrito por Patacrúa e ilustrado por Chené. Desfrutádeo!!!



miércoles, 12 de julio de 2017

MURO

Pincelada a pincelada fomos enchendo de cores este anaquiño de muro do noso patio. 
O esforzo mereceu a pena; quedounos moi, moi bonito. Os que aínda non o vistes botádelle un ollo ás fotos que aquí vos deixamos.



Pasade un bo verán navegando por un mar de veleiros e contos.


lunes, 26 de junio de 2017

LECTURAS PARA O VERÁN


Se no verán non atopades que facer...
algúns destes libros podedes ler!!









CLUB DE LECTURA

O club de lectura rematou este curso co libro "O misterio das badaladas" de Xabier B. Docampo. O alumnado divertiuse descifrando unha das mensaxes do libro e... fíxerono mellor que a profe!
Volveremos o vindeiro curso con máis obras interesantes.  

 

jueves, 8 de junio de 2017

MURO

Estamos rematando o curso e con el rematamos tamén o noso proxecto "Viaxando coas cores". Pero antes de marchar de vacacións queremos deixar pintado parte do muro do noso cole.
Hoxe empezaron xa algúns cursos a pintar os seus barquiños.












lunes, 5 de junio de 2017

ÚLTIMOS PINTORES

O alumnado de 1º e de 6º, amósannos as últimas interpretacións dos pintores e pintoras traballados no proxecto "Viaxando coas cores".

 Kandinsky (1º)





     Andrés Meixide (6ºA)           Leandro Lamas (6ºB)












lunes, 29 de mayo de 2017

PINTORES

Nesta ocasión, é o alumnado de Pedagoxía Terapéutica e de Audición e Linguaxe, o que nos mostra a súas interpretacións de máis pintores/as.
 
Sabela Arias Castro (P.T.)



Matisse (A.L.)




 

jueves, 18 de mayo de 2017

LETRAS GALEGAS

Pasou o día das Letras Galegas e, no noso colexio, tamén lle quixemos facer unha homenaxe a Carlos Casares con pequenas representacións das súas obras. No vídeo podedes ver a que fixeron os de 2º do libro "O can Rin e o lobo Crispín". Pasade pola biblioteca se queredes ler algún dos seus libros.


miércoles, 3 de mayo de 2017

SEGUIMOS PINTANDO

O alumnado de Infantil e Relixión Católica, tamén interpretou a obra dalgúns pintores e pintoras. Deixámosvos unha mostra do seu traballo.


Andy Warhol (3 anos)









Van Gogh (4 anos)


Lita Cabellut (5 anos)




Murillo e Botero (Relixión Católica)









lunes, 24 de abril de 2017

DÍA DO LIBRO

O 23 de abril foi o día do libro e hoxe, para celebralo, todo o  cole saiu ao patio a ler. Lemos en grupo, por parellas, individualmente... e aos que aínda non saben ler, léronlle os maiores.
Foi un anaco  de agradables e divertidas lecturas.


martes, 18 de abril de 2017

PINTORES

Tal e como recollemos no noso proxecto de biblioteca, neste segundo trimestre coñecemos e traballamos distintos  pintores e ilustradores nas distintas aulas. Despois interpretámolos ao noso xeito. Deixámosvos algúns dos traballos.


Pepe Carreiro (5ºA)




Picasso (5ºB)



 Paz Antón (5ºB)


 Xurxo Alonso (4ºA e 4ºB)


Van Gogh (2ºA e 2ºB)

martes, 14 de febrero de 2017

MOCHILAS VIAXEIRAS



Por fin comezamos coas... mochilas viaxeiras!!!
Preparádevos nenas e nenos de 5º de Educación Infantil e 1º, 3º e 5º de Educación Primaria, porque calquer día pode chegarvos á  casa unha delas. Agardamos que os libros sexan do voso agrado. Non esquezades deixarnos a vosa opinión da iniciativa no caderniño que vai dentro.