jueves, 26 de marzo de 2020

Kalandraka TV - Contos contados


Sen lugar a dúbidas, 
KALANDRAKA é unha das nosas
 editoriais favoritas do mundo enteiro!

E isto Pancho e Flora, sábeno moi ben 
e por iso a nosa biblio está chea de 
fermosísimos albumes ilustrados desta editorial.

Kalandraka naceu alá polo ano 1998,
en Pontevedra,  
co obxectivo de publicar obras literarias
de calidade estética e literaria 
destinadas á literatura infantil e xuvenil
en galego.

Actualmente, traballa en distintos idiomas: galego, castelán, catalán, euskera, portugués, italiano e inglés.

Pero este bonito proxecto non só se adica 
a crear preciosísimos albumes ilustrados 
senón que tamén adapta contos tradicionais
recupera clásicos da literatura infantil e xuvenil 
de tódolos tempos.

Ademais, fai xa uns anos incorporou un  proxecto de 
contos adaptados con pictogramas
en colaboración coa Asociación BATA.

E como non, son xeniais!

(Preme na imaxe para velos)



Por todo isto e moito máis...gañou numerosos premios, sendo o Premio Nacional a la Mejor Labor Editorial en 2012,
un dos máis importantes.



Como non podería ser doutra maneira, para estes días...
Kalandraka sorprendeunos cunha 
sección na súa canle de "Kalandraka TV"
que se chama "Contos contados",
que de seguro vos gustará tanto como a nós.

Que o disfrutedes!

(Preme na imaxe para acceder aos contos contados)






E por si che pica a curiosidade...
Tamén poderedes ver os numerosos booktrailers 
de moitos dos seus títulos.




lunes, 23 de marzo de 2020

Información coronavirus


Ola rapazada!!

Durante estes días, é moita a información 
que estamos a ler/escoitar/ver acerca do temido "becho":

O Coronavirus...

Ou tamén coñecido como COVID-19.

É importante estar informado 
e ser coñecedores de todo o que pasa ao noso arredor...
Pero sabemos que non é sinxelo!

Por iso...quixemos facer unha pequena recopilación acerca dalgúns contos ou explicacións apropiadas ás vosas idades...

Non teñades medo en preguntar as dúbidas que vos poidan xurdir
e lembrade a importancia que ten:

lavarse ben as mans con auga e xabón,

tusir no cóbado e

permanecer na casa.

Moito ánimo amiguiñ@s!!

Xa queda un pouquiño menos para vernos!!

Entre todos e todas...

CONSEGUIRÉMOLO!!



Fai doble click sobre as imaxes para velas ampliadas:



Adaptación do conto: Monstruo de colores - Coronavirus
Escrito por: Adaptación del libro de Anna Llenas






 Conto: Coronavirus no es un príncipe... 
(Ni una princesa)
Escrito por: María Coco Hernando




 


Conto: "Rosa contra el Virus"
Editado por: Colegio Oficial Psicólogos de Madrid







Vídeo: El cuento del coronavirus
Elaborado por: Víctor Espiga ( texto),
 Giroillustrator ( ilustración), 
Begoña Zamacona ( recitado), 
Berta Rubio ( traducción) y Jesús Acebedo ( piano).



Vídeo: Cuento del coronavirus
Elaborado por: Ayuntamiendo de Onda ( Enfermería escolar)


Poema e actividades: Cuento en verso sobre el Coronavirus
Editado por: Guía infantil


Conto: Misión Coronavirus
Elaborado por: Mr. Wonderful



Conto para colorear "Misión Coronavirus"
Editado por: Mr. Wonderful






 Vídeo: #Coronavirus explicado para niños
Editado por: Lingokids

Vídeo: ¿Qué es el coronavirus?
Editado por: Happy Learning

Conto: Mr.Troff y su banda
Elaborado por: Pedro Pablo Sacristán 
(www.cuentosparadormir.com)







Conto e actividades: Las manos de José
Elaborado por: Aprendices visuales













sábado, 21 de marzo de 2020

Día da poesía - Agasallo



Bos días e
 feliz día da poesía!!

A poesía chega cada día a nós
 dende que somos ben pequenos...
A través de cantigas, adiviñas, trabalinguas, poemas...

E por iso, dende o ano 1999
 a UNESCO
escolleu este día,
21 de marzo,
para pór de manifesto 
a beleza da linguaxe poética.


Como agasallo neste día, para todos e todas...
a Editorial Pintar - Pintar 
quere compartir con nós 
distintos contos de maneira gratuita,
entre os cales tamén se atopan textos poéticos.


#Yomequedoencasaleyendo





viernes, 20 de marzo de 2020

Poesía de confinamento - V


Hoxe damos por rematada
a "Semana da Poesía".

Unha semana moi especial,
marcada polo que está a acontecer
 ao noso arredor
pero, 
coa axuda do noso alumnado,
fomos quen de facerlle 
unha pequena homenaxe
aos nosos grandes poetas 
e poetisas galegos.








- Hugo de 5ºA, cun poema de Manuel María - "O grilo"

- Gabriel de 5ºA cun poema de Manuel María - "A neve"

- Marc de 2ºA cun poema de Manuel Antonio Pina - "Xiganos e anantes"

-Saray de 6º cun poema de Manuel María - "Bolboreta"

jueves, 19 de marzo de 2020

Poesía para o confinamento - IV


Cuarto día consecutivo
no que temos a oportunidade 
de escoitar poemas de 
grandes poetas galegos
na boca dos nosos rapaces e rapazas.



- Carmen de 2ºB , cun poema de Xosé Neira Vilas - "O río"

- Emma de 2ºB, cun poema de Xosé María Álvarez Blazquez - "Roseira do teu mencer"

- Fabio de 6º, cun poema de Manuel María - "O barco"

miércoles, 18 de marzo de 2020

Poesía de confinamento - III


Un día máis, traemos estes marabillosos poemiñas
aos que o noso alumnado fixo un pouquiño seus
dotándolles de voz e de emoción.


Grazas nenas e nenos por facernos estes días
un pouquiño máis levadeiros.


Participan neste programa:

- Ana de 6º cun poema de Manuel María - "A lúa"

- Roi de 5ºA cun poema de Manuel María - "O tractor"

- Ángela de 2ºA cun poema de Gloria Sánchez - "Fafarratrece"

- Daniel de 6º cun poema de Manuel María - "Árbores de cidade"

martes, 17 de marzo de 2020

Poesía para o confinamento - II

POESÍA PARA O CONFINAMENTO - II


Como xa adiantábamos onte...
Continuamos coa nosa 
"Semana da poesía: 
Poemas para o confinamento"






Hoxe viñemos cargados con
 máis  fermosos poemiñas
de escritores e escritoras galegos
aos que o noso alumnado
lles quixo poñer voz.







Neste programa participan:

-Alba de 2ºB cun poema de Ana María Fernández titulado "Que cousa?"

-Ángela 5ºB cun poema de Manuel María titulado " O chifre"

-Borja de 6º cun poema de Manuel María titulado "Galicia"

-Estela de 6º cun poema de Manuel María titulado "Boneca"